Xogos e xoguetes na biblioteca de Ares( Enredos)
Na xornada de onte, tivemos a Sara, na biblioteca insinando a os pais/ nais, moitas ideas de xogos e xoguetes,
para facer cos seus pequenos.
Foi un obradoiro, moi interesante e aconsellable.

Na xornada de onte, tivemos a Sara, na biblioteca insinando a os pais/ nais, moitas ideas de xogos e xoguetes,
para facer cos seus pequenos.
Foi un obradoiro, moi interesante e aconsellable.


Nunca pensamos que as nosas pegadas poderían expresar arte. Isabel mostrounos que é posible. A rapazada reinterpretou a través da pintura, utilizando a técnica do puntillismo, un fermoso conto de valores. Estiveron moi entretidos, todo moi ben organizado, unha atmosfera moi relaxante e productiva . Deulles pena rematar, pero marcharon contentos cos súas obras de “autor con pegada”.

O martes día 5 de outubro comezamos as sesións de contacontos en Outes con Magín Blanco e o seu espectáculo “O que levamos nas maletas”. Contacontos musicado no que interpreta cancións da súa dilatada carreira, animando aos nenos e nenas a participar e cantar.
Tarde moi divertida e chea de música.


Hoxe 7 de outubro de 2021 na Biblioteca Municipal de Fene dou comezo o Ciclo Ler Conta Moito coa actuación de Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua do grupo Polo Correo do Vento. Un espectáculo moi orixinal no que a través da música, da imaxe e da fala contan a vida e obra da escritora Xela Arias. Ademáis unha vez finalizada a exposición da biografía da escritora o ilustrador axuda a facer dunha forma moi sinxela ó pingüín protagonista da historia, simplificándoo de tal maneira que sorprendentemente, tanto nenos como maiores foron capaces de debuxalo. Unha tarde moi entretida na compaña de Polo Correo do vento.



Este xoves nas Pontes tivemos a ocasión de escoitar os marabillosos contos de Adela Turín da man de Talía teatro. As nenas e nenos puideron desfrutar de Rosa Caramelo, Unha infeliz catástrofe, A historia dos bonomos con lentes e Artur e Clementina. Contos que nos falan da igualdade entre homes e mulleres. Moitas grazas a Artur que nos fixo pasar unha tarde tan agradable
Da man da compañía Migallas Teatro, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple-Cambre) acolleu este xoves (7 de outubro) a sesión de contos “Os tres porquiños”, dirixida a facer gozar ás nosas usuarias e usuarios máis cativos nun ambiente moi familiar.


Ghazafelhos Teatro representou a obra “Teatro sen Pandora” ante un público do Vicedo moi participativo que disfrutou coa obra chea de risas e cancións, ademais dunha mensaxe que resalta a grandes mulleres da historia.

Como di Carme Conde (Tarabela Creativa) na presentación do obradoiro deste martes na biblioteca de Santa Marta: “Se algo racha con absolutamente todos os preconceptos e estereotipos, ese misterio é a poesía”. Por iso, Carmen ensinounos a xogar co mundo das imaxes, falamos de referentes en poesía e escoitamos cancións que son auténtica creación poética. Todas estas dinámicas servíronnos de inspiración para dar o salto á segunda parte deste obradoiro e mergullarnos no mundo da creación en busca da nosa propia voz.
Este mércores visitounos Anxo Moure co seu espectáculo “Pes de lobo” onde nos mostrou pequenos e grandes xestos cos que salvar o bosque.


Onte Niko dirixiu un obradoiro no que as crianzas, tanto de modo individual como en grupo, aprenderon a facer trucos de maxia con obxectos cotiás, a ilusión incrementouse cando souberon que os podían levar para seguir practicando nas súas casas.


Séguenos