O Mago Paco en Chantada
Hoxe ás 12.00, puidemos gozar do espectáculo Maxia divertida 3.0, do Mago Paco. A actividade foi moi divertida e participativa.

Hoxe ás 12.00, puidemos gozar do espectáculo Maxia divertida 3.0, do Mago Paco. A actividade foi moi divertida e participativa.

O luns 23 de agosto as 11 horas a artista Sabela de Sarabela Teatro, a través do xogo dramático, descubre como a imaxe no espello, axudanos a configurar a propia identidade.

Maxia , música, sorpresas, bailes pero sobre todo moita diversión foi o que nos achegou onte Leo Leiño á Casa da Cultura Luis Seoane do Pino na sesión do Ler Conta Moito. As fotos falan por si soas…



O venres 20 de agosto a compañia Sarabela Teatro fomentaron a imaxinación dos asistentes a través do xogo dramático.
Unha viaxe polo fondo do mar, pasando por París ata chegar a Muralla chinesa.



Un itinerario dende Exeria a Xela Arias, pasando por Rosalía de Castro, Filomena Dato, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, para coñecer a obra e afondar na vida destas referentes intelectuais de galegas.
Co principal obxectivo de difundir e poñer en valor a figura destas seis escritoras, onte, luns 23 de agosto na Biblioteca Pública Municipal de Portas, realizouse un obradoiro de creación plástica onde se elaborou un libroobxecto a través do cal , dun xeito imaxinativo puidemos afondar na súa obra e na súa vida. Un Obradoiro moi educativo e entretido.
O 16 de agosto levouse a cabo a actividade: Por que é salgada a auga do mar?
A biblioteca municipal de Riós, realizou a actividade fóra das instalacións tendo en conta o bo tempo e o protocolo para a prevención da COVID-19.
A actividade resultou ser moi educativa e fíxonos rir a tod@s.

Comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito 2021 coa vista de Gloria Mosquera e Tomi López e o seu espectáculo ” Patrimonio natural”.
Os nenos e nenas gozaron das cancións que nesta ocasión trataban do coidado da natureza, facendo reflexionar sobre a importancia de coidar o noso patrimonio natural.
Unha actividade dinámica e moi amena.
Pasámolo moi ben!!



O sábado 21 pasou pola area recreativa de Val do Dubra, Atenea García co seu espectáculo “UTOPIAS”, donde os cativos e cativas disfrutaron dos seus contos, e donde participaron activamente axudándolle a contalos, unha tarde diferente e divertida.



Séguenos