Escándalo na biblioteca! Xogo de pistas na Biblioteca de Narón
O pasado sábado 13 de setembro a biblioteca de Narón converterase nun escenario cheo de misterio e emoción coa actividade Escándalo na biblioteca, un xogo de escape room para nenos e nenas a partir de 8 anos.
Durante esta aventura, os/as participantes convertéronse en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo viña á biblioteca para asistir ao espectáculo do Mago X, pero… algo saíu mal. A luz marcha varias veces e, de súpeto, todo está revolto!
As nosas pequenas e pequenos detectives puxeron a proba a súa mente e traballaron en equipo para resolver o misterio. 🧠✨Unha vez máis, a experiencia demostrounos que non é bo deixarse levar polas aparciencias. 😉






















Séguenos