Os contos da bruxa Chispum na Biblioteca Central de Cangas


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.


Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.
Onte, luns 19 de outubro, a Biblioteca Pública de Portas recibiu a Sheila para contar a historia de “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho Calero, ademais de completar a actividade cun obradoiro creativo onde cada neno e nena puideron elaborar o seu propio conto a través de distintos collages de papel, orixinais e únicos. Unha actividade moi interesante e que acadou moito éxito entre os máis cativos.
O pasado xoves “Dadá o duende” visitou á Biblioteca Municipal de Tui para compartir cos rapaces e rapazas asistentes unha morea de contos marabillosos que xunto ás historias nos achegaron tamén valores marabillososos coma a convicencia, a igualdade, o respecto ao medio ambiente…
Foi unha sesión moi participada polos nenos e nenas asistentes.



Scape Room na Biblioteca de Taboada onde os mozos/as tiveron que seguir as pistas para poder escapar da biblioteca. Unha actividade moi entretida e interactiva, onde os participantes estiveron moi ocupados cada seu co seu robot.
Antía Yáñez foi relatando o seu conto A Reconquista aos nenos e nenas asistentes, explicándolles a historia de Lúa e a súa motivadora historia reivindicando un espazo común onde os desexos de todos os nenos/as tiveran cabida e estiveran representados no tempo de lecer do seu cole.
Asimesmo xogou cos máis peques tentando adiviñar animais ocultos nas páxinas do conto de Antía.
Tamén mesturou o seu contacontos coa proxección de videos que reflectian roles distintos aos normalmente asignados a cada xénero.
O pasado 8 de outubro, tivemos a visita na Axencia de lectura de Oubiña, do escritor e ilustrador Anxo Fariña, coa súa obra “Dulcinea a nena cabaleira”. Maxistral actuación por parte dun gran profesional.
O público moi entregado.

O pasado 22 de setembro tivemos a visita de Paula Carballeira, coa a obra “Elas tres (a nai, a nena, a bruxa) e moitas outras”.
Estupenda e recomendable actuación.
O pasado sábado 17 de outubro a Biblioteca de Narón acolleu a actividade Que animaliño é? da compañía Trémola Teatro.
Os/as bebés e as súas familias quedaron encantados/as coa maxia destas dúas magníficas profesionais.



Visitounos en Burela, o noso amigo Luis Vallecillo, e fíxonos pasar unha tarde moi entretida e divertida, o espectáculo Cantamos , cheo de emocións, con contos que foron cancións, música para xogar, bailar , cantar e soñar.Todos formamos parte do seu coro.
UN DÍA MOI LEDO PARA TODOS NÓS!!!


O sábado 17 de Outubro tivemos a presenza de Animar-T que veu co seu espectáculo “A casiña de cartón”…

A actividade tivo lugar ás 18.00 h no Auditorio Municipal onde nenos e nenas acompañados e acompañadas dos seus familiares pasaron unha tarde divertida con Adela, a casiña de cartón e os animaliños que a acompañaron… tocando valores como a amizade, o respecto polo medioambiente e a reciclaxe.

Música, narración oral e baile acompañaron a tarde respectando as medidas Covid-19. Parabéns polo espectáculo. Moitas grazas a todos e todas!!



Séguenos