“Nuturizo e o espíritu do bosque” na Biblioteca Pública Municipal San Francisco
O xoves 3 de setembro Sarabela Teatro coa súa contadora Sabela e acompañada de Naturizo fixéronos vivir unha xornada especial.

O xoves 3 de setembro Sarabela Teatro coa súa contadora Sabela e acompañada de Naturizo fixéronos vivir unha xornada especial.

O martes 1 de setembro pudemos disfrutar coas aventuras de “Alicia” contadas a través dunha gaiola.

O xoves 1 de outubro, disfrutamos no auditorio do concello de Nigrán con Cinema Marabillas. Ver para ler, de Raquel Queizás, e dende logo foi unha MARABILLA.


O xoves 1 de outubro tivemos a sorte de ter na biblioteca a Títeres Cachirulo coa súa versión de A cabeza do dragón de Valle-Inclán.
Dramatización baseada en diálogos, exclamacións e xestos xunto con varias cancións populares galegas.
A resposta de nenas/os foi moi participativa, tomando partido por uns ou outros personaxes (trasno, rei, princesa, fillos do rei, dragón), xerando este último a maior expectación.

Soledad Felloza estivo contando contos os nenos de Cabana de Bergantiños e entre eles Bailar coas nubes libro de Vanina Starkoff´.

Soledad Felloza con Bailar nas nubes
Unha morea de nenas e nenos do Vicedo presenciaron o espectáculo A Festa dos Monicreques, que presentou Larraitz Urruzola no salón de actos da Casa da Cultura, onde se cumpriron escrupulosamente todas as medidas de seguridade establecidas a causa da COVID-19. Houbo risas, música e moita diversión para nenos e non tan nenos.

A ratiña Lilí Gruyére, atopou diante dun teatro no que viña de actúar, un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Así que viñeron a Biblioteca de Riotorto para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo! e tamén representaron o conto que protagoniza o coelliño “O coelliño branco” que da título ó seu espectáculo.

Lili Gruyere co Coelliño Branco
Historia duns nenos moi desordenados aos que lle trouxeron unha aia máxica que lles vai a ensinar cousas útiles a través da maxia e tendo como fío condutor a lectura. Ensínalles tamén a coidar mascotas. A aia convértese na auténtica Mary Poppins e vai conseguir que todos os desexos dos nenos cúmpranse.
Ana cantou e contou, unha mistura de narracións, poemas e cantigas populares coas que descubrimos que hai bechiños grandes e miudiños, peludos e sen pelo ningún, curiosos e outros máis teimudos, pero todos son tan maravillosos que conseguen sacarnos unha sonrisa e un bico desos que se envían polo ar.
Cumpríu as espectativas tanto das nenas e nenos que asistiron como dos pais, nais e avoas que saían moi content@s da sesión.

Caxoto chegou pensando que, como o chef que é, os nenos e nenas viñan preparados para cociñar. Non era así, e o que querían era que lles contara unha historia.

Aínda que se resistiu un pouco, acaboulles contando a historia dunha nena que quería ser pirata. Afortunadamente os nenos e nenas estaban de acordo con que as nenas poden ser o que queiran e que non hai profesións de mulleres nin de homes.



Séguenos