O mago Pedro Bugarín na Biblioteca de Beariz
O pasado 6 de agosto veu á Biblioteca Municipal de Beariz o mago Pedro Bugarín co seu espectáculo “Maxia para todos”. Disfrutamos moito cos seu trucos. Esperamos que volva pronto
O pasado 6 de agosto veu á Biblioteca Municipal de Beariz o mago Pedro Bugarín co seu espectáculo “Maxia para todos”. Disfrutamos moito cos seu trucos. Esperamos que volva pronto
O pasado 18 de agosto, a Biblioteca Municipal de Ponteareas tivo o pracer de realizar unha sesión dinámica, a cargo de Brais Moure con Cóntame un cine “A Cinecleta na Biblioteca”, na que puideron desfrutar dun percorrido pola historia do cinema cunha mistura de contos. As/os cativas/os tamén coñeceron os fondos mariños das illas Atlánticas, cunha proxección dende a Cinecleta.

O frautista de Hamelín pasou por Xermade.
A compañía Moc Moc presentounos en Xermade “A verdadeira historia de Hamelín” un espectáculo de clown e malabares que fixo unha adaptación circense do conto clásico alemán “O frautista de Hamelín”. Mere engaiolou a grandes e cativos nesta actividade de dinamización lectora.




Hoxe, na BPM do Carballiño tivemos unha actividade diferente e moi entretida , acompañados por ENCANTO e a cadela Aria, que nos entretuvo coas suas andanzas. E unha cadela moi boa, que sirve coma enfermeira de terapia para axudar os nenos-as a superar algúns traumas e ademáis de contarnos a súa historia, dende que era unha bebe deixounos brincar con ela. Foi unha maña diferente, chea de colorido e boas a

nécdotas,
Ian & Elisa reuniron maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor usando contos e fabulas como fio conductor facendo que grandes e pequenos disfrutaran dun fermoso e divertido espectáculo onde se fom
entou o hábito da lectura.
Hoxe ás 12.00 tivemos a actuación de Migallas na Praza da Paz do Concello de Chantada, onde preto dun cento de persoas de público familiar, puido asistir a actividade Cantacontos.

A Biblioteca Municipal de Ponteareas tivo o pracer de contar con Pinconús Teatro, a cargo de Carlos Coira, o martes 11 de agosto.
Utilizando como pretexto o mundo das palabras e dos libros, Carlos Coira, mostrounos a súa obra Abrapalabra, que nos permite gozar da maxia das palabras. Con elas podemos xogar e xa vimos que o resultado é do máis divertido, e de paso aprendemos algúns truquiños de maxia que espertaron a curiosidade das/os máis cativas/os e das persoas adultas.
Foi unha actividade moi dinámica, onde as/os máis cativas/os estiveron implicadas/os e participando dende o primeiro momento. Algúns dos trucos crearon verdadeiro interese e admiración, todo isto acompañado de música, libros e, como non podía ser menos, moita maxia!

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TEIXEIRO
O pasado día 12, Xoán Curiel visitou Teixeiro co conto-concerto para montar a túa “Banda de Verá”.
Xoán soubo captar a atención dos asistentes, que participaron acompañando a súa actuación.
Esperamos velo outra vez!!!


O martes 18 de agosto tivemos na Axencia de Lectura de San Vicente a visita dunha ratiña de biblioteca, Lili Gruyere, cun axudante moi especial “O Coelliño Branco”. Divertida mañan na que entre contos e maxia gozamos das historias que nos contaron: Lucia Cotriñas e O Coelliño Branco…e sorprenderonnos cun espectáculo de maxia a dúo.



Séguenos