O VIRUS DE MACH…….
Unha actividade ben divertida para falar do machismo.Un problema do século XXI , adaptado para os nos@s pequen@s. 



Unha actividade ben divertida para falar do machismo.Un problema do século XXI , adaptado para os nos@s pequen@s. 



O día 18 de outubro contamos na Biblioteca da Pobra do Brollón coa actuación “Maxia pola Igualdade” a cargo do mago Xavier Muro, onde a través da maxia pudo concienciar na igualdade entre homes e mulleres e a non violencia na sociedade. Vimos que xa non hai profesións só de homes ou de mulleres, porque os tempos cambiaron, e agora calquera persoa pódeo facer.

Na biblioteca de Sanxenxo celebramos o Día da Biblioteca con Elisa & Iam facendo un obradoiro de Globoflexia.

Un final apoteósico para rematar as actividades que se desenvolveron ao longo deste mes de outubro na biblioteca. Este pasado xoves 24 de outubro Elisa e Iam puxeron o broche de ouro a un mes repleto de actividades co seu Obradoiro de Globoflexia. De aperitivo, para ir abrindo boca e ollos, uns trucos de maxia que fixeron rir a esgalla! Logo diso, o obradoiro de globos onde cada quen mostraou as súas habilidades elaborando figuras do máis diversas: cans, cintos, espadas, sombreiros…. Todos querían facer máis e mellor e todos marcharon para casa contentos e cunha brazada de figuras de globos tal que mesmo parecía que viñeran os Reis Magos!! Foi unha estupenda xornada!
Arredor de 70 persoas, moitos nenos/as de diferentes idades e tamén adultos, achegáronse á biblioteca para desfrutar a aprender. A actividade gustoulles moito a todos, a nós tamén!! E esperamos contar con esta simpática parella para o ano que ven na nosa biblioteca. Foi un pracer tervos aquí, Iam e Elisa. Moitas grazas


Faise saber que tódol@s presentes nesta axencia de lectura de Corvillón (Cambados) somos iguaaaaiiiiiiis!!
Contacontos moi entretido. As risas dos/as cativos/as e das súas nais e pais puidéronse oír no reino do lado. Ademáis, todo acompañado cunha serie de instrumentos pouco tradicionais e que os participantes tiveron a oportunidade de coñecer e tocar; grazas a Pablo Sánchez de “Os contos de Pablísimo”.


O pasado 4 de outubro, tivo lugar na Biblioteca da Pobra do Brollón a actividade “Iguais, diferentes”, dentro do programa Ler Conta Moito-Violencia de Xénero. Manuel Solla, mantivo entusiasmados a nen@s e maiores cun contacontos moi entretido, onde tomaron conciencia de que todos somos iguais cos mesmos dereitos e deberes. Foi un contacontos divertido con actuacións de xogos e maxia, onde o final tamén participaron os/as nen@s

Coa igualdade por bandeira, a pirata Carla fixo desfrutar aos cativos e cativas, cunha historia chea de superación e cinco probas moi divertidas, nas que comprobaron que todas podemos ser unhas grandes capitanas piratas. Todo isto ocorreu a tarde do mércores no barco pirata da Biblioteca Luís Rei de Cambados.
![]()

Contacontos-taller intereactivo de gran calidade sobre a pintora Maruja Mallo. Moi creativo e con moita información sobre a artista.


O pasado día 24 a BPM de Oroso celebrou o Día da Biblioteca con Pablo Díaz ao ritmo de TIC TAC TOC.

Anxo Fariña achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove o contacontos ilustrado “Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores”

Gliz é un can de palleiro que vive nunha casa árbore cunha familia de nubes. El as coida a elas, e elas o coidan a el. Nese mundo máxico onde vive Gliz, hai moitos seres especiais, entre eles Matés, o pintor de flores. Nese mundo especial todas as noites as flores perden as súas cores e Matís é o encargado de pintalas de novo. Por iso pasa o día a durmir. Máis… que pasa o día que manca unha man e non pode pintar? Quen o vai axudar? Pois Gliz e toda a familia de Nubes

O sábado 26 os máis pequenos desfrutaron desta combinación de bonecos, música e contos que trouxo Animar-t. E non solo os bebés o pasaron estupendo con photocall incluido que xa quixera para só a cerimonia dos Óscar.




Séguenos