Pinconús Teatro na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, a cargo de Carlos Coira
A Biblioteca Municipal de Ponteareas tivo o pracer de contar con Pinconús Teatro, a cargo de Carlos Coira, o martes 11 de agosto.
Utilizando como pretexto o mundo das palabras e dos libros, Carlos Coira, mostrounos a súa obra Abrapalabra, que nos permite gozar da maxia das palabras. Con elas podemos xogar e xa vimos que o resultado é do máis divertido, e de paso aprendemos algúns truquiños de maxia que espertaron a curiosidade das/os máis cativas/os e das persoas adultas.
Foi unha actividade moi dinámica, onde as/os máis cativas/os estiveron implicadas/os e participando dende o primeiro momento. Algúns dos trucos crearon verdadeiro interese e admiración, todo isto acompañado de música, libros e, como non podía ser menos, moita maxia!







O DIA 6 DE AGOSTO ÁS 20.30 HORAS, LEVOUSE A CABO NO PARQUE PRÓXIMO A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE LOBIOS, XA QUE POR MOR DO COVID-19 FAISE AS ACTIVIDAES TODAS EN EXTERIOR. MERE CLOWN (MOC-MOC) ACHEGOUNOS OUTRA VERSIÓN DUN CLÁSICO COMO É O FRAUTISTA DE HAMELIN, REALIZANDO UNHA VARIACIÓN DO CONTO, NARRADO CON MOITO HUMOR, BROMAS E MALABARISMO, MOSTRANDO NESTA HISTORIA UNHA LECCIÓN DE HONESTIDADE E ALTRUISMO.



ismos cociñados a lume lento ao longo da historia. Un prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinamos o noso padal na igualdade e
contra os estereotipos de xénero.







Séguenos