“Isto non é unha caixa” na Biblioteca Pública Municipal a Ponte
O martes 11 de agosto estivo con nos Sarabela Teatro para facernos voar coa imaxinación a diferentes lugares do mundo.


O martes 11 de agosto estivo con nos Sarabela Teatro para facernos voar coa imaxinación a diferentes lugares do mundo.


Onte xoves 13 de agosto ás 12.00, Mere clown, Moc Moc, amenizounos cunha adaptación do Frautista de Hamelin, aderezada con humor e xogos malabares.
A actividade realizouse na praza na que está ubicada a Biblioteca para poder manter as distancias de seguridade.

A actividade desenvolveuse cun grupo de nenos e nenas do campamento de verán. “Conversas con Tana” é un espectáculo teatral, baseado na ventriloquía onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta de divertidas cancións.
O público asistente participou intensamente no espectáculo, cantando e interactuando co granxeiro e a súa entrañable cadeliña que conquistou a todos os asistentes.

Este martes 11 de agosto tivemos a visita do experto en Xestión de Residuos, o barrendeiro municipal, para axudar aos mais pequenos a coidar o medio ambiente. Pasamos unha maña con musica e contos na que tod@s (incluídos os pais e nais) participamos nas historias que contou este entrañable personaxe. Coas súas historias descubriulle aos mais pequenos como poden axudar para que o noso entorno esta coidado e o poidamos disfrutalo
todos.

Os días 6 e 7 de agosto, Xosé Bocixa impartio un obradoiro audiovisual creativo, no que os nen@s realizaron unha peza audiovisual na que fixeron labores de guión, rodaxe e montaxe .
Actividade moi divertida e participativa. Moitas grazas, Xosé.

A mañá do día 11 de agosto os rapaces e rapazas da escola de verán do Pino disfrutaron das cancións, bailes, contos e ensinanzas que trouxo Gemola sobre a igualdade. Unha proposta moi dinámica para rachar cos estereotipos existentes na sociedade actual e que a base de dinámicas interactivas fixo que desde os máis pequenos aos máis grandiños reflexionaran sobre o tema.



Durante o día de hoxe, a actividade da biblioteca estivo moi animada. Os asistentes viviron unha intrépida aventura ambientada en Harry Potter a través de Scape Room.
O futuro da ilustración do noso país estivo hoxe a ter a súa primeira toma de contacto na biblioteca de Celanova. Creatividade e ilusión a partes iguais




Séguenos