A MAQUINA DO TEMPO-TEATRO GHAZAFELHOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE LOBIOS.



O pasado día 8 de Agosto a actividade de dinamización á lectura dentro da programación “LER CONTA MOITO” , esta vez achegounola a compañia TEATRO GHAZAFELHOS a obra denominda “A MÁQUINA DO TEMPO”da man da doutora MON e do seu axudante PE.
Levaronnos a unha interesante aventura da man dunha chea de personaxes, viaxando por diferentes épocas da nosa historia (dende o Xurásico ata a idade contemporánea) representada dunha maneira educativa e con moitisimo, moitisimo humor.
Esta actividade realizouse no auditorio do CEIP do Xurés, para poder manter e asegurar a distancia obrigatoria de seguridade para cumprir coas normas sanitarias contra o COVID-19.




O pasado 6 de agosto veu á Biblioteca Municipal de Beariz o mago Pedro Bugarín co seu espectáculo “Maxia para todos”. Disfrutamos moito cos seu trucos. Esperamos que volva pronto
A compañía Moc Moc presentounos en Xermade “A verdadeira historia de Hamelín” un espectáculo de clown e malabares que fixo unha adaptación circense do conto clásico alemán “O frautista de Hamelín”. Mere engaiolou a grandes e cativos nesta actividade de dinamización lectora.



Hoxe, na BPM do Carballiño tivemos unha actividade diferente e moi entretida , acompañados por ENCANTO e a cadela Aria, que nos entretuvo coas suas andanzas. E unha cadela moi boa, que sirve coma enfermeira de terapia para axudar os nenos-as a superar algúns traumas e ademáis de contarnos a súa historia, dende que era unha bebe deixounos brincar con ela. Foi unha maña diferente, chea de colorido e boas a





entou o hábito da lectura.




Séguenos