A compañía Elefante Elegante, co seu conto “O Xigante” visitounos o venres 18, para levarnos a un reino distante, onde un home decidiu facer unha viaxe. Camiñou, camiñou.. ata que atopou un xardín marabilloso e alí decidiu quedarse. Pero certo día apareceu un Xigante que quería o xardín só para el. Con un bonito decorado fenómenos atmósfericos de choiva, neve e vento, creouse unha atmosfera especial, onde todos os nenos estaban impacientes de saber o final.
.

O venres 18 de outubro tivo lugar a chegada do “Carballo con botas” e a súa fábrica de corazóns de papel reciclado para converter as malas novas sobre a violencia de xénero en corazóns de papel reciclado.

Unha vez máis o nenos e nenas de A Illa de Arousa desfrutaron dun día fermoso na súa Biblioteca Municipal fabricando corazóns de papel reciclado…

Ler Conta Moito-Igualdade_2019

Este sábado, 19 de outubro, tivemos en Ribeira a marabillosa historia da vida de Ángeles Alvariño. Unha biografía de ciencia e estudo con 22 novas especies descubertas pola nosa oceanógrafa.

Fixemos o contacontos na sala de exposicións, anexa á biblioteca, para que os cadros nos inspiransen á hora de facer o noso debuxo de Ángeles Alvariño. E así de colorido rematou o conto…

Grazas, Polo Correo do Vento, xa nos tarda que volvades a Ribeira!

Na tarde de onte chegou á biblioteca municipal de Paderne a Pirata Escarlata da man de Marisa Irimia. Unha conta contos que non fai diferencias entre nenos e nenas, con historias fantásticas e cun final , como pouco, sorprendente. Fixo participes os alí presentes, tanto maiores como nenos, cos seus animados relatos e das súas novidosas historias.
O pasado xoves 17 de outubro, con motivo do Día das Escritoras, tivo lugar o espectáculo “Elas pintan moito” a cargo de Migallas Teatro en Abegondo.
Foi un contacontos baseado na obra das pintoras Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas fíxose fincapé na igualdade entre homes e mulleres.
As nenas e nenos participaron activamente e quedaron moi satisfeitos con esta sesión de contos.

A protagonista desta historia achegou aos asistentes ao deserto, países diferentes, con animais diferentes, e vestimentas diferentes. Os nenos e nenas puideron escoitar esta historia e achegarse a
estas terras fantásticas a través dos debuxos que relataban esta fermosa actividade.



Moitas historias que descoñecemos, moitas mulleres invisibilizadas ao longo dos tempos… Da man de Ana da Asociación Cultural Lisístrata, as nenas e nenos asistentes o pasado venres na axencia de lectura de Oubiña (Cambados), aprenderon unha morea de historias de mulleres moooooooi importantes.



O pasado venres 18 de outubro na biblioteca municipal poeta Lois Pereiro de Monforte de lemos tivo lugar unha sesión de contacontos que mantivo o interés de 160 nenos e maiores que encheron o salón de actos da biblioteca, dentro da progamación de Ler Conta moito contra a violencia de xénero.
Brais das Hortas e a súa compañeira contaron, tocaron instrumentos e cantaron para deleite dun público entregado que disfrutou coas historias de Carolina, do lagarto da saia da Carolina, da elefanta sabia, dos xigantes… O final participaron das historias e entenderon a mensaxe de igualdade e solidaridade que se desprende de cada unha delas.



Séguenos