CIENCIA PARA TODOS NA BIBLIO DE LAXE
O martes oito os nenos de laxe de segundo de primaria descubriron a “maxia” da ciencia e a mulleres científicas galegas que non coñecían e que destacaron neste campo.

O martes oito os nenos de laxe de segundo de primaria descubriron a “maxia” da ciencia e a mulleres científicas galegas que non coñecían e que destacaron neste campo.

O pasado día 8 de outubro, Filipa visitou a Biblioteca de Coiro.
Da man do Bandullo Azul , este títere entrañable contounos unha chea de contos a modo de viaxes que fixo polo mundo.
Animado contacontos que estivo acompañado de música onde tanto os nenos coma os adultos pasamos un bo rato.

Narración acompañada de teatro xestual e música. Moi divertido e didáctico.


O venres 11 de outubro o mago Deimi levou a cabo na biblioteca de Lourenzá unha magnífica actuación, moi interactiva.
A través de trucos de maxia foise facendo unha homenaxe aos libros e o que neles se atopa .
Teatro Calavera contou, coa invitación que fixemos desde a Biblioteca de Pastoriza “Miguel Sande”, coas cativas e cativos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo (Pastoriza) que viñeron á nosa biblioteca ás 11 da mañá.
Así contáronnos as aventuras de Antón e Tomasa cunha cabaza especial. Receitas, historias, cociña…
As case 40 cativiñas e cativiños que estiveron acompañadas por 8 profesoras desta escoliña pasaronno pipa!
O venres 11 de outubro tivemos a Esperanza Mara que nos ensinou a través das cancións as familias dos instrumentos musicais.
Tarde entretida e divertida .
Moi divertido foi este venres na biblioteca de Tirán o picnic da compañía Pérez&Fernández en inglés e galego coa tradución en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.

O sábado 12 de outubro, tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son, a actuación de Antía Yáñez, presentando a súa obra: “A Reconquista”, dentro do programa subvencionado pola Xunta de Galicia: actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lecturas públicas de titularidade municipal.
Unha actividade, sobre o libro “A Reconquista” a cargo da súa autora, gañadora ex-aequo do I Premio Fina Casalderrey , que consta de dous contos de igualdade e inclusión, un con protagonistas de nen@s e outro con animais, xunto cun un xogo. onde os nen@s comprenderán que a igualdade non consiste en que os nenos fagan cousas de nenas e viceversa, senón en que todos e todas, gústenos o que nos guste, teñamos cabida no mundo. Sendo do agrado dos asistentes,
Igualdade de xénero,era o tema central para os participantes da actividade que grazas a música tiveron unha xornada moi animada.
O venres 11 de outubro, visitounos Soledad Felloza na Biblioteca da Capela có contacontos ” Bolboretas”, foi unha contada sobre a igualdade entre homes e mulleres.
Foi unha maña moi entretida , cunha clara mensaxe que os nenos captaron moi ben.



Séguenos