Día da Biblioteca en Oroso
O pasado día 24 a BPM de Oroso celebrou o Día da Biblioteca con Pablo Díaz ao ritmo de TIC TAC TOC.

O pasado día 24 a BPM de Oroso celebrou o Día da Biblioteca con Pablo Díaz ao ritmo de TIC TAC TOC.

Anxo Fariña achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove o contacontos ilustrado “Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores”

Gliz é un can de palleiro que vive nunha casa árbore cunha familia de nubes. El as coida a elas, e elas o coidan a el. Nese mundo máxico onde vive Gliz, hai moitos seres especiais, entre eles Matés, o pintor de flores. Nese mundo especial todas as noites as flores perden as súas cores e Matís é o encargado de pintalas de novo. Por iso pasa o día a durmir. Máis… que pasa o día que manca unha man e non pode pintar? Quen o vai axudar? Pois Gliz e toda a familia de Nubes

O sábado 26 os máis pequenos desfrutaron desta combinación de bonecos, música e contos que trouxo Animar-t. E non solo os bebés o pasaron estupendo con photocall incluido que xa quixera para só a cerimonia dos Óscar.


A compañía Bandullo azul achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente unha nova sesión de contos, a terceira da compañía de clown e teatro “Bandullo Azul”, con Filipa como protagonista. En esta ocasión recollemos contos dos cinco continentes co fin de narrar a viaxe que a nosa amiga fixo por terra, mar e aire arredor do mundo: América, Oceanía, Asía, África, Europa e de novo na casa. Todos son contos tradicionais e populares acabando con un conto galego. Seguimos coa idea de aportar ademáis de contos, músicas, que en esta ocasión tamén chegarán doutros países. Ademáis das historias, Filipa contará anécdotas da viaxe, as linguas que se falan por outras terras… trae unha maleta chea de historias!

Para celebrar o Día das Bibliotecas, veu visitarnos O Bardo Abelardo para compartir con nós a música das árbores. Música e Natureza para diversión de todos os que alí estabamos.


A cativada de Boqueixón pasou en grande, na sala anexa á biblioteca municipal de Boqueixón, coa actividade teatral de Migallas e a súa obra “Elas pintan moito”.
A través das obras de pintoras tan famosas como Xulia Minguillón, Frida Khalo, Sonia Delaunay,…abordaron a temática da igualdade en moitos ámbitos da vida cotiá.
O DÍA 23 DE OUTUBRO A TRAVES DE EDUVIA XESTIÓN, CULTURA E LECER, S.L. TIVEMOS ESTA ACTIVIDADE NA QUE A TRAVÉS DE FERMOSOS CONTOS SE REFLEXIONAOU SOBRE A RELACIÓN COS DEMAIS
.
O DÍA 10 DE OUTUBRO VISITARONNOS DANI VIEITEZ E IRIA IGLESIAS COA ACTIVIDADE DENOMINADA =(IGUAL). TODOS OS ASISTENTES ESTIVERON MOI ENTRETIDOS CON ESTA ACTUACIÓN QUE PRETENDE CONCIENCIAR DA IGUALDADE NA NOSA SOCIEDADE TRATANTO TEMAS MOI COTIAS NA NOSA VIDA.


Asistimos a un obradoiro de danza tradicional desde a perspectiva do xénero impartido coa ledicia e o bo facer das monitoras de Xandobela que nos transmitiron o amor pola danza e a música tradicional galega cunha nova mirada moderna e igualitaria. Unha actividade máis que recomendable.


O Sábado 26 de outubro, nenas, nenos, papás e mamas traballaron nun obradoiro cheo de creatividade en pro da igualdade.
Maña de sábado en igualdade con Patricia Núñez do Faiado de Nin


Séguenos