25/10/2019
Na tarde de onte, coincidindo co día das bibliotecas, visitounos Larraitz, para falarnos do contexto histórico dos anos en que Antón Fraguas era un neno, e de como se divertía este neno cos medios de que dispoñía na súa casa e na súa infancia, mostrounos como se facían os xoguetes naquela época, con panos, cordas, elementos da natureza: mazarocas, carozos de millo, paus, palla, etc. Un pequeno obradoiro acompañado de folclore popular de esa época con cancións xa esquencidas para moitos..



A continuación,una divertidísima sesión de títeres, a historia de Dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vencendo ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.
Séguenos