CONSTRUINDO A IGUALDADE


Hoxe á biblioteca chegou un ratiño moi fachendoso do pais de LONXEDETODO, aprendemos con contos o ensino da igualdade dos sexos, sen roles preestablecidos nin prexuízos machistas.


Hoxe á biblioteca chegou un ratiño moi fachendoso do pais de LONXEDETODO, aprendemos con contos o ensino da igualdade dos sexos, sen roles preestablecidos nin prexuízos machistas.
O mércores 25 de setembro, a ciencia inundou a biblioteca. Empezou cunha proxección sobre as teorías de Isaac Newton durante á que o monitor de “Ciencia en ruta” ía explicando certas cuestións e facendo preguntas ás que os rapaces e rapazas contestaban acertadamente.
Seguidamente, e unha vez feitos os grupos, dou comezo o traballo manual para a realización dos distintos foguetes. Rematada a construcción, saíron ao xardín para proceder ao lanzamento. Esta última parte foi a que ocasionou máis fascinación por parte tanto dos rapaces e rapazas como dos pais e nais que o estaban presenciando.
Resultou unha actividade moi creativa, lúdica, formativa e tremendamente divertida. 


Tarde musical co espectáculo “Brinca Vai!” de de Paco Nogueiras. Unha combinación de cancións, animación e interpretación cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Onte o alumnado de 6º curso do CEIP “José María Lage” asistiu na biblioteca a actividade “Cociñando en igualdade”. Tras unha reflexión sobre a importancia da igualdade de xénero, prepararon varias receitas de cociña molecular (esferificación de falso caviar, espumas e raviolis de agar agar).

Estupenda actuación de Manuel Solla Barragáns de Expresión Produccións co seu espectáculo “IGUAIS,DIFERENTES” diante dos alumnos de 3º e 4º de primaria do CPI ¨”Curros Enríquez” de Pazos e dos usuarios da Asociación Aspavi.
O obxectivo desta actividade foi a de promover a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero.
Excelente actuación de Anxo Moure o pasado día 18 de setembro na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos co seu espectáculo “Unha árbore vén a vernos” dentro do programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO das bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.
Estiveron na biblioteca os teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos… contándonos as súas historias para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos… e para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.
Participaron desta actividade os alumnos de 1º e 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi.
Elisabet Hillerud marabillounos coas súas creacións elaboradas co método zentangle.



Na tarde do mércores 25 de setembro descubrimos que se poden realizar cun lápis e un rotulador fermosas imaxes, sen necesidade de ser expertos debuxantes.
A técnica zentangle é moi sinxela e os resultados son espectaculares, e ata unha nena ou neno ben pequeño o pode facer. Consiste en ir trazando patróns repetitivos, por exemplo espirais ata formar belas imaxes.
É unha técnica moi relaxante para quen a utiliza, que conduce á concentración e á tranquilidade. A través do zentangle actívase a autoestima, pois os resultados son moi impactantes sen necesidade de saber debuxar, simplemente tendo paciencia para seguir as secuencias. Unha maneira tamén de fomentar a sensibilidade artística.
Ao comezo da actividade Elisabet entrégalle a cada participante un caderno en blanco, cosido á man. Cando rematan levan para a casa unha pequena alfada na que poden ir dando conta das súas lecturas, e seguir ilustrando o interior das súas páxinas.
Elisabet Hillerud, magnífica. Transmite moi ben o entusiasmo polo zentangle.
Actividade moi recomendable.
Ernesto Suárez presentou no Vicedo, na sala de exposicións, o seu espectáculo de contacontos Historias Sorprendentes para nenos diferentes. Unha boa cantidade de nenas e nenos do Vicedo e comarca achegáronse ao Vicedo para disfrutar das variadas historias de Andrés, que conectou inmediatamente cos nenos e pasaron un moi bo rato escoitando as súas historias.


Hoxe xoves pola mañá estivo na Biblioteca Pedro Brandariz, co seu espectáculo “Os contos do Grúfalo”.
Un ratiño vai polo bosque atopando diferentes animais, unha serpe, un moucho, un raposo…, e dáse conta de que o queren papar, pero como é moi listo consigue salvarse, grazas a un animal imaxinario chamado “Grúfalo” que ao final resulta, non ser tan imaxinario…
E despois algún conto mais.
Visitounos o alumnado de 2º de Educación Primaria do Colexio Sagrado Corazón.


O martes 24 de setembro actuaron Isa e Edu de Teatro Marionetas Trécola na biblioteca de Lorbé.
Nenos, nenas e adultos asistentes estiveron moi atentos á historia de catro amigos, Luci, Mirta, Denís e Oliver que tiñan un grave problema.
Xenial posta en escena e unha historia sobre bulling que deu que pensar a nenas e nenos, ao tempo que os divertiu e entretivo.



Séguenos