“Unha árbore vén a vernos” na Biblioteca Pública Municipal San Francisco
O mércores 28 de agosto contamos coa visita dunha árbore moi especial.

As árbores foron as protagonistas da sesión.
Grazas, Anxo.
O mércores 28 de agosto contamos coa visita dunha árbore moi especial.

As árbores foron as protagonistas da sesión.
Grazas, Anxo.
O día 4 de setembro, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo un espectáculo de maxia a cargo de Ian & Elisa. O tema de fondo foi a igualdade e a loita contra a violencia.

No marco da campaña en favor da igualdade e contra a violencia de xénero, levouse a cabo, nas dependencias da biblioteca municipal, un contacontos que leva por título “Noa no espello”. A finalidade do espectáculo é ensinar aos máis pequenos como enfrontarse á crítica e como chegar a vencela. A través de dinámicas de repetición de textos e coreografías, a dinamizadora conta como o espello nos devolve a nosa imaxe para axudar a configurar a nosa identidade. Os nenos e nenas asistentes ao espectáculo, participaron nel e divertíronse moito.
O día 3 de setembro, tivemos na nosa biblioteca Miguel González Garcés un contacontos a cargo de Olga Abad. A personaxe deste conto a osa Maruxiña nos demostra cómo podemos ser libres e iguais, pese ás diferenzas.

O venres 30 de agosto Anxo Moure trouxo historias de árbores a nosa biblioteca.

Coñecemos unha gran variedade de árbores e disfrutamos da sesión.
O xoves 29 de agosto contamos con unha sesión onde descubrimos que cos intrumentos cotiás da cociña podemos facer música.

Grazas por tanta música variada.
O pasado día 28 de agosto Anxo Fariña visitou a Biblioteca Municipal de Irixoa co obradoiro A cidade violeta. Os nenos e nenas crearon un libro aplicando a luz ultraVIOLETA. Viron como debería ser unha cidade SEN VIOLENCIA DE XÉNERO, e con igualdade entre mulleres e homes. Un libro-escultura para crear, xogar, ler na escuridade.

O pasado venres, co motivo do remate do campamento de verán, os nenos de Vilasantar contaron coa presenza de Manuel Solla, que trouxo a biblioteca “A maxia dos contos”, espectáculo de animacióná lectura, con contos, monicreques, maxia e diversión

O venres 30 de agosto, as 11:30h visitáronnos os rapaces do campamento de verán para disfrutar e pasalo ben coa actividade “Bicos con sentido”. Mediante a lectura dos contos “Unha manchea de bicos” e “De qué cor é un bico?”, as diferentes situacións na que estes se producen e as sensacións que transmiten se sempre resultan positivas e agradables independientemente do sexo e a idade.



OLGA ABAD visitou o Carballiño dentro dos Obradoiros de Igualdade e loita contra a Violencia para presentar o seu conto O viaxe da osa Maruxiña


Séguenos