“A cabaza encantada” na Biblioteca de Culleredo
O venres día 6, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés, a Antón e Tomasa para contarnos o conto da “Cabaza encanta”, e así quedaron os nenos cun conto tan divertido e o obradoiro final.


O venres día 6, tivemos na nosa Biblioteca Miguel González Garcés, a Antón e Tomasa para contarnos o conto da “Cabaza encanta”, e así quedaron os nenos cun conto tan divertido e o obradoiro final.


Para Xan Perillán a gracia de ir a Pernambuco non está en pillar o primeiro avión e viaxar á costa brasileira, está en preparar a maleta das ilusións.
A obra contou con intérprete en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia (XOGA)


Seguimos coas actividades do programa Ler conta moito 2019 coa visita de Lydia Botana e o seu espectáculo musical “Cantacontos De aqui para alá”.
Os nenos e nenas gozaron dun espectáculo musical con voz e instrumentos en directo da man dunha gran profesional como é Lydia Botana, viaxamos arredor do mundo aprendendo e disfrutando coas músicas de cada lugar. Un espectáculo familiar moi participativo e dinámico cheo de boa música!!

No día de onte, tivo lugar o contacontos e o taller de debuxo “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” a cargo de Polo Correo do Vento, na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.
A actividade, que tivo lugar na biblioteca, rendiu homenaxe á figura de Antón Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.
No contacontos narran a historia, misturada coa realización dun mural no que participaron todas as persoas asistentes, para dar a coñecer a vida e obra de Antón Fraguas, ademáis de ensinarnos a debuxar paso por paso ao homenaxeado.

O día 5 de setembro tivemos na nosa biblioteca de Culleredo a Anxo, da Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta, para ensinar aos nenos cómo facer unha marioneta e as variñas para sostela.


Na Biblioteca de O Valadouro recibimos o espectáculo Música na Cociña o pasado 2 de setembro de 2019
. A través das súas historias e a súas viaxes descubrimos que se pode facer música con instrumentos de cociña. Unha actividade moi amena e divertida.
Dentro de Ler Conta Moito Igualdade de Xénero, a Biblioteca de Carral ofreceu o espectáculo do Mago Paco “Unha maxia diferente”. Pasámolo moi ben e lembramos todos aqueles valores que promoven a igualdade en homes e mulleres.


Onte recibimos na Biblioteca Central de Cangas ao estrafalario Dr. Tilla que cos seus contos e cancións fíxonos pasar un bo rato mentras nos falaba dos remedios para a enfermidade causada polo virus de mach.


Na Biblioteca de Sober, recibimos a visita do recoñecido chef Chis Pum e o seu axudante Media Faba co seu espectáculo Música na Cociña. A través das súas historias e a súas viaxes descubrimos que se pode facer música con instrumentos de cociña. Unha actividade moi amena e divertida.
O venres 30 de agosto contamos con unha sesión moi musicada, onde os intrumentos de cociña como protagonistas e acompañados dos intrumentos musicais, fixeron soar melodias sen parar.



Séguenos