Escape Room literaria na biblioteca José Saramago no Centro Cívico de Fontiñas

O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.
















A Biblioteca Municipal de Alfoz recibiu o venres 26 de outubro a Marisa Irimia, que nos descubriu a emocionante historia de A biblioteca secreta. Narración oral que nos achega a dureza da guerra de Siria, máis tamén a esperanza das boas accións.






Séguenos