As fábulas de Tarabelos na Biblioteca de Darbo
Os nenos e nenas de Darbo o pasado mércores día 26 o pasaron en grande coa visita de Tarabelos e as súas “Fábulas”. Un contacontos moi ameno e participativo cos animais coma protagonistas.

Os nenos e nenas de Darbo o pasado mércores día 26 o pasaron en grande coa visita de Tarabelos e as súas “Fábulas”. Un contacontos moi ameno e participativo cos animais coma protagonistas.


Co espectáculo de Teatro Calavera, nenos e nenas desfrutaron coas aventuras do cociñeiro Antón e da pasteleira Tomasa, ademais, cociñaron cos personaxes do conto, decorando magdalenas coa pasta de azucre, nun obradoiro que fixeron ao final da obra.

OS RAPACES E RAPAZAS DE INFANTIL DO COLEXIO PECALAMA ASISTIRON A ESTE CONCERTO CON MOITA INTERACCIÓN DO PÚBLICO, ONDE APARECERON DIFERENTES PERSONAXES EN CADA CANCIÓN PARA ACHEGAR A POESÍA AOS MÁIS PERQUENOS.

Os alumnos/as de 3º e 4º de ESO do colexio Pecalama gozaron da maxia e a literatura e aprenderon sobre a vida e obra de María Victoria Moreno da man de Martín Camiña neste espectáculo máxico e literario.

A semana pasada visitáronnos de novo “Migallas Teatro” co seu contacontos ” Os contos do Chupete” . Agardábanos na biblioteca os máis cativos da casa, pero non por iso os menos esixentes..Bea e Jony non os defraudaron, a súa música e as súas historias mantiveron en todo momento atención dun público moi entregado.


Un gran aplauso para Migallas !!


O Xoves 27 de setembro na ALM de Castrelo de Cambados, dentro do programa “Ler conta moito”, contou coa actuación de Carmen Domech, co seu espectáculo “Contos para pasalo de medo”.
Os nenos/as e as nais e pais quedaron abraiados cos contos de medo da señora Antonia, que a través de cinco historias, achegounos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terror, pasámolo de medo. Todos disfrutamos e non tivemos tempo de aburrirnos.


Cris de Caldas e Xabi do Camiño compartiron na Biblioteca Os Templarios música, xogos de mans, retrousos, poemas, contos… Todo esto e moito máis para intentar que o seu bebé comera… Tardou, pero á fin comeu, claro que comeu!
Nenas, nenos e público adulto contribuiu a que o bebé comera.
Unha fermosa actividade para disfrutar en familia onde Cris coa música de Sabi vai combinando tradición oral e libros de reciente publicación.
Cris de Caldas demostra ser unha gran profesional, excelente transmisora da nosa tradición oral
O xoves 27 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos para contarlles aos nenos e nenas que se atopaban na mesma que “A maxia está nos libros”. Durante 60 minutos realizou números de maxia que deixaron aos rapaces coa boca aberta. A actividade tivo música, humor, sorpresa e conectou cun público encantado de participar nos distintos números que lles propuxo o artista.
Participaros 140 nenos e nenas que quedaron con moitas ganas

de volver.
Actividade motivadora e entretenida a través da música

Por vez primeira recibimos no noso Concello ao magnífico narrador Os contos de Pablísimo, e a expectativa non defraudou. Pablísimo achegounos historias divertidas, sorprendentes e máxicas co seu contacontos “O Paroleiro”.

Contos clásicos e novos como:
– Dona Carme
– Medio elefante
– O sultán e os ratos
– Os tres porquiños

Atraparon a nenos e grandes nun espectáculo que non perdeu intensidade e emoción en ningún momento. Un agasallo sonoro e visual que nos deixou moi bo sabor de boca neste comezo de outono.


Séguenos