O Mago Paco na Biblioteca Municipal de Chantada
Hoxe sábado 27, rematamos as actividades programadas para o mes de outubro cunha sesión de maxia e contos a cargo do Mago Paco coa que gozamos tanto grandes coma pequenos.

Hoxe sábado 27, rematamos as actividades programadas para o mes de outubro cunha sesión de maxia e contos a cargo do Mago Paco coa que gozamos tanto grandes coma pequenos.


O venres, 26 de outubro, desenvolveuse está actividade que deixou abraiados ós participantes. En grupos tiveron que buscar pola habitación unha serie de pistas e enigmas que debían ir resolvendo co obxectivo de poder rescatar a Alicia, que se atopaba dentro dunha gaiola fechada cunha serie de cadeados. Os grupos tiñan que acadar os códigos para poder abrilos. Cada grupo tiña que ocuparse dun cadeado e entre todos tiñan que cooperar para poder abrir a gaiola. Moi entretida. Aprenderon moitas cousas sobre o mundo máxico de Alicia e Lewis Carroll dun xeito divertido.

Caramuxo Teatro fixo gozar aos máis pequenos e pequenas da casa cun espectáculo coidado, pensado e delicado, onde os protagonistas foron os zapatos: grandes, pequenos, altos, baixos, gordos… e pequecho, o zapato que chegou á lúa.
A actividade encadrouse nos actos de celebración do Día da Biblioteca.

Co gaio da celebración do Día das Bibliotecas , o día 23 de outubro pasmolo en grande con Teatro Calavera que fixo as delicias na biblioteca de Coiro con Chocolate.
Desfrutamos dun estupendo contacontos onde o Cociñeiro Antón reta a pasteleira Tomasa a conseguir o mellor chocolate do mundo.
Tomasa colle rumbo mar adiante en busca da árbore do cacau e consegue facer o mellor chocolate do mundo….
E todos dimos fe diso, ummm riquísimo!

Par celebrar o día da Biblioteca e na proximidade do samaín Carmen Domech veu contarnos contos terroríficos coa súa amiga a señora Antonia.
.


O Día da Biblioteca, 24 de outubro, Paco Nogueiras veu a sintonizar Radio Bule Bule á biblioteca Pérez Parallé de Fene. Todos pasaron un bo rato con cancións, a bailar e a escoitar música nun espectáculo cheo de humor



O sábado 20 de outubro as 11, 30 h. celebramos o Día da Biblioteca coa representación de Onde está o vento?

Tódolos nenos e nenas axudamoslle a Tareixa na procura do vento.



No día da Biblioteca convidamos os mais pequenos en duas sesions para compartir “Contando en feminino” con a “Asociación Cultural Lisistrata”
Mediante contos e xogos, ensinase os nen@s a convivir en igualdade, a inventar, a soñar……….
Formativa e ilustrativa actividade para axudar a inculcar valores dende pequenos

A Biblioteca Municipal de Alfoz recibiu o venres 26 de outubro a Marisa Irimia, que nos descubriu a emocionante historia de A biblioteca secreta. Narración oral que nos achega a dureza da guerra de Siria, máis tamén a esperanza das boas accións.

Este pasado luns a Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada converteuse en un restaurante onde nada é o que parece: os pratos son libros, as culleres lápices, etc…Un orixinal e divertida proposta de animación á lectura.


Séguenos