A Cabana de Madame Camelia

Nunha carpa, con ambiente de fantasía, os nenos escoitaron cancións e tradicións de culturas diferentes.


Nunha carpa, con ambiente de fantasía, os nenos escoitaron cancións e tradicións de culturas diferentes.

O venres, 26 de outubro, o cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa pasaron e fixeron pasar unha tarde moi entretida aos asistentes a Biblioteca da Laracha.


Ao remate do espectáculo, os máis cativos participaron na elaboración dun doce teatral…

O pasado venres, para celebrar conxuntamente o día da Biblioteca e o ano do Patrimonio, recibimos a Soledad Felloza que descubriu a nenos e nenas de dúas escolas cercanas historias incribles, pero sobre todo moi cercanas a eles. Mostrou deste xeito tesouros que só se coñecen na súa contorna axudando a entender a importancia de mantelos vivos.
O sábado 27, 14 nenos e nenas de Bertamiráns gozaron moito creando fantásticos deseños para as súas mochilas. Un obradoiro divertido e orixinal co que celebramos o Día da Biblioteca.

O venres día 26 de outubro visitou a biblioteca do Milladoiro, Patricia, do Faiado de Nin. Ela axudounos a deseñar unhas fantásticas mochilas para gardar os libros que levamos en préstamos da biblioteca, por exemplo. Un obradoiro marabilloso para celebrar tamén o noso día, o Día da Biblioteca. Os rapaces gozaron moito e fixeron preciosos e orixinas deseños.

p


Pedro Brandariz, con un conto de ratiños
Un grupo de nenos e nenas de Touro disfrutou o pasado mércores dunha aventura teatral co contacontos Avós de Trinketrinke. O ciclo da vida e o respecto debido aos máis vellos foron os dous temas tratados neste espectáculo. Encantounos o espectáculo!



Continuando coas celebracións do Día da Biblioteca, o xoves 25 de outubro visitounos Xiada Sanlés para buscar o vento na Biblioteca Municipal Os Templarios.
Xiada representa a Tareixa, que anda a ver onde está o vento, pois o que máis lle gusta no mundo é xogar cos seus muíños de vento e como non hai vento, deixaron de xirar.
Cunha estructura encadeada, uns personaxes van levando a outros na procura do vento. Tareixa pregunta polo vento primeiro a unha formiga, que non ten nin idea, pero dílle que quizais a flor o saiba. Aparece unha vistosa Flor e tampouco sabe onde está o vento. Dille a Tareixa que seguro o León o sabe… Despois o Rato Suso, a Bolboreta Lareta, o Barquiño, o Peixe Namo…Así ata que se atopa co Paxaro Navarro que a levará ata as nubes e será Nube quen lle explique por que non hai vento.
Con cada personaxe que aparece canta unha canción onde participa o público infantil e adulto, con retrousos pegadizos e sinxelos.
Excelente actividade para ofrecer a grupos de 0 a 3 anos. Magnífica posta en escea, chea de colorido, música, baile, narración oral, coñecemento, ecoloxía…
Os muíños de Tareixa acaban voando…Aparece de novo o vento e cantamos a canción de que todo vai cambiar, a contaminación acabarase e o vento seguirá a soprar…
Xiada Sanlés, extraordinaria profesional e voz prodixiosa.
Raquel Queizás achegou ata a Biblioteca do Grove o seu espectáculo “Ruta Propia”

Aparecía na biblioteca un caixón cheo de libros, xoguetes, chapeus, fotografías, follas escritas… Un verdadeiro tesouro que levou aos asistentes a coñecer o mundo cheo de historias creado e soñado por Maria Victoria Moreno.

Mentres aprendían a linguaxe das estrelas e escoitabans soños, ela os convidaba a viaxar ao seu carón. Un vello e coqueto chapeu se transformou nun volante de A Teresita, o seu coche.

O venres 26 de outubro recibimos na Biblioteca dos Tilos a visita de Chío Couto con “Contos vivos que fan poesía”! Contando en familia con Antonio García Teijeiro Un proxecto de dinamización Lingüística onde recrean unha historia do autor homenaxeado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra “Poemar ao Mar”.Vivimos en primeira persoa as aventuras de personaxes de contos e poemas aos que o autor lle da vida xogando a ser poetas.



Séguenos