TEATRO GHAZAFELHOS- CONTAMOS CONTOS DE LOBOS?
Teatro Ghazafelhos fíxonos pasar un rato moi divertido e ameno interpretándonos contos tradicionais e facendo que os nenos e nenas participasen en todos e cada un deles.

Teatro Ghazafelhos fíxonos pasar un rato moi divertido e ameno interpretándonos contos tradicionais e facendo que os nenos e nenas participasen en todos e cada un deles.


O xoves 31 de xullo o alumnado do Punto de Atención á Infancia (PAI) do concello da Baña puido desfrutar do espectáculo Contamúsicas. Raquel de Ana e Nando Llera fixeron desfrutar aos bebés (0 a 3 anos) da narración de contos mesturada con música en directo. Como colofón pintada dun mural onde a cativada desfrutou desta actividade ao aire libre.

As famosas piratas Anne Bonny e Mary Read estiveron en Coirós e atopáronse cunha alta participación do público . 

Este mércores día 30 de xullo, a maga Fani chegou a Beariz coa súa “Antoloxía de trasnadas”.
Foi un espectáculo moi divertido, tanto os nenos coma os maiores disfrutaron moito.

Esperamos volver a verte
Hoxe pasamos unha horiña chea de diversión o aire libre na Praza da Biblioteca que está adicada o escritor Antón Losada Diéguez. Carballo con Botas convidounos á montar na súa Ciclobiblioteca, houbo bailes, contos e algún truco de maxia. Os cativos estiveron moi entretidos.


Este martes 29 de xullo realizamos un divertido espectáculo de maxia. O lugar para a representación foi a casa da cultura de San Sadurniño, para poder albergar a moitos nenos e nenas do campamento de San Sadurniño e do campamento de volleyball do clube Aldebarán.
O espectáculo chámase “A maxia dos libros”. Da man de “Xosé Rivera” e, a través de trucos, chistes e historias entretivémonos admirando a maxia. Aos nenos e ás nenas encantoulles, aprenderon moito e pariciparon de forma activa neste espectáculo.
O luns 28 de xullo Milmañas e Maruxiña, os protagonistas desta actuación, abrironlle ás portas da súa casa, unha vella foresta cargada de amor polo lecer da nosa cultura, ás nenas e aos
nenos participantes no Campamento de verá
n que organiza o Concello de Irixoa.

O día 29/07/2025, recibimos na BPM de Vilar de Santos a visita da “Ciclobiblioteca” da man de Anxo Moure, tanto nen@s como maiores desfrutamos moito desta actividade e pasamos unha mañá moi amena e entretida.

No día de onte, 30 de xullo, os nenos e nenas do Campamento Urbano de Verán do Concello de Vilagarcía de Arousa puideron disfrutar dunha divertida e participativa sesión de maxia na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. O mago Óscar Fernández, da compañía Magia en la Manga , foi o encargado de presentar e dirixir o espectáculo, despertando a admiración e curiosidade dos asistentes.
Moitos aprendices de maxia saíron ó rematar a sesión, do “encantados” que quedaron co espectáculo!!
Unha actividade divertida, educativa e chea de curiosidades que fixo as delicias dos máis pequenos… e tamén dos maiores!
A través dun contacontos cheo de humor e imaxinación, coñecemos a Frankie Stein, un científico que nos foi guiando polo mundo da ciencia. Con el descubrimos que os experimentos non son cousa de laboratorios pechados nin de xente con batas brancas, senón que a ciencia está por todas partes!!
Os nenos e nenas convertéronse en pequenos científicos e científicas, puxeron as mans na masa e realizaron diferentes experimentos nos que a curiosidade foi a gran protagonista. Dende reaccións químicas sorprendentes ata xogos de observación e dedución, pasárono en grande mentres aprendían sen decatarse.
Este obradoiro foi unha mostra perfecta de como a lectura pode abrir portas a moitos mundos, e nesta ocasión, abriunos as portas ao mundo da ciencia.


Séguenos