“Rosa non é unha cor” na BPM de Viana do Bolo

Os/as nenos/as de Viana do Bolo contaron o venres 14 pola tarde co contacontos pola igualdade “Rosa non é unha cor”, quee resultou ser moi divertido e educativo para o público asistente

Os/as nenos/as de Viana do Bolo contaron o venres 14 pola tarde co contacontos pola igualdade “Rosa non é unha cor”, quee resultou ser moi divertido e educativo para o público asistente
Obradoiro moi ben acollido polos rapaces participantes na actividade. Resulta interesante descubrir a gran imaxinación destes cativos.
En ” Comechíns, segundo prato” mergullaron ós rapaces nun munco imaxinario, no que descubriron como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.
Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca Infantil e Xuvenil, da Coruña. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. No obradoiro resolveron o caso con material de cociña e coñeceron que é a biotécnoloxía.
Manuel Vicente García “Efervescencia” foi o encargado de levar, a cabo este obradoiro de investigación, magníficamente. Os 15 participantes difrutaron e aprenderon como se pode coñecer a ciencia de unha forma distinta.
Levaron a casa as mostras do ADN como proba do experimento.
Se vos fixades, nesta fotografía tedes a pista definitiva de quen é a persoa culpable.
O pasado venres tivemos o pracer de recibir aos integrantes de Ciencia en ruta que desenvolveron un obradoiro de submarinos ante 30 nenos e nenas. Coido que nunca esquecerán o principio de Arquímedes !, polo xeito tan didáctico co que o aprenderon.
Mestura de contacontos e obradoiro práctico e participativo.


Luís Vallecillo trouxo á ALM de Carnota un divertido repertorio de cancións-conto protagonizadas por personaxes ben coñecidos por todas as nenas e nenos: os tres porquiños, o gato Mimí, a Galiña Azul… Cantamos un conto na Biblioteca? é un espectáculo dinámico e interactivo que conxuga música e literatura.

A agrupación Pavís Pavós estivo o pasado día 15 de xuño na Biblioteca Pública Municipal “P. M. Martínez Ferro” e coma sempre foi un pracer escoitalos e velos. Un grupo de vinte cativos entre os seis meses e os catros anos acompañados dos seus pais pasaron unha tarde divertida con rimas populares, pequenos contos e cancións.

Contos para bebés en Caldas de Reis con Pavís Pavós
O pasado 27 de xuño ás 17:30 a biblioteca municipal “Varela Jácome” de Lalín acolleu a actividade “Perder o medo a través da poesía”, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia.
A actividade, orientada a nenos e nenas de 3 a 6 anos foi impartida por María Canosa, quen narra dende a perspectiva dunha nena como foi capaz de desfacerse dos seus temores a través da poesía. Así pois, a narradora, mediante a lectura de varios poemas, tratou os diversos medos aos que polo xeral se enfrontan os máis cativos e cativas para que, finalmente, poidan darse conta de que existen moitas razóns para eliminar eses receos.
Na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia 12 cativos de entre 8 e 12 anos aprenderon a debuxar os autorretratos de Maruja Mallo tomando por referencia os deportes favoritos de cada un. Aos rapaces entusiasmoulles coñecer a figura da autora e representarse ó xeito da súa pintura, e se quedaron con ganas de rematar o seu debuxo porque estaban tan inmersos no obradoiro que unha hora lles soubo a pouco.


En Fundación Ferama o pasado día 23 de xuño demos por finalizado o curso 2016/2017 cunha gran festa de despedida onde despois dunha semana de entrega de diplomas, coñecimos os gañadores do concurso “Bo Lector 2017” e gozamos dunha proposta divertida, participativa, amena e sobre todo máxica como é o espectáculo “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ na Axencia de Lectura.

Madame Bechamel e Signorina Bolognesa na Axencia de Lectura Fundación Ferama
“Madame Bechamel e Signorina Bolognesa “ son dúas cociñeiras aloucadas e un pouco máxicas que cociñaron en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaron un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que gozamos e soñamos.



Séguenos