Gloria Mosquera (Mamá Cabra) levou o seu “Contos que saen dos libros” á ALM Os Tilos-Teo





Con motivo do Día das Letras Galegas, estivo na Axencia de Lectura de Vilasantar, Lisístrata, Contanto en feminino, para todos os nenos do Concello.

O xoves 11 de maio O Mago Paco trouxo a diversión, a maxia e a paixón polos libros a través do seu espectáculo no que os máis pequenos puderon participar como beber auga de cores soprar e un libro en branco converterse nun libro con cores e debuxos.


Hoxe tivemos na Biblioteca de Muxía a María Canosa coa súa actividade “Perder o medo a través da poesía” , unha sesión moi participativa na que nenos e nenas se achegaron á poesía dun xeito diferente ao tempo que se enfrontaron ao propios medos e viron como coa poseía o noso mundo pode ser un poquiño mellor.


O xoves 11 de maio, ás 19:00 horas visitounos Martín Camiña co seu espectáculo de maxia. Os asistentes quedaron encantados con esta actividade do máis divertida que consistiu nun espectáculo de maxia na que se intercalaba información sobre algunhas das obras de Carlos Casares.
Público asistente:
cativos: 16
adultos: 21
Onte 11 de Maio, 45 nenos de 4 a 9 anos, descubriron a obra de Carlos Casares con Cris de Caldas.
Despois a Galiña azul foi a gran protagonista no obradoiro de marcapáxinas, no que pais e nenos compartiron experiencia . Esta actividade divulgativa foi a nosa homenaxe o protagonista deste ano das Letras Galegas

O mércores día 10 de maio tivemos o pracer de ter con nós a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia.
Na sesión a protagonista contounos que era filla de cooperantes e que por iso tivera a sorte de percorrer unha chea de países en vías de desenrolo, viaxamos por Guatemala, a India e por varios lugares do continente africano. Foi unha sesión divertida e moi interesante, onde pequenos e grandes apréndemos unha chea de cousas.

O xoves día 11 de maio tivemos o pracer de ter con nós a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia.
Na sesión a protagonista contounos que era filla de cooperantes e que por iso tivera a sorte de percorrer unha chea de países en vías de desenrolo, viaxamos por Guatemala, a India e por varios lugares do continente africano. Foi unha sesión divertida e moi interesante, onde pequenos e grandes apréndemos unha chea de cousas.



Séguenos