Obradoiro de submarinos en Boqueixón
O pasado venres tivemos o pracer de recibir aos integrantes de Ciencia en ruta que desenvolveron un obradoiro de submarinos ante 30 nenos e nenas. Coido que nunca esquecerán o principio de Arquímedes !, polo xeito tan didáctico co que o aprenderon.
Mestura de contacontos e obradoiro práctico e participativo.
















Leo Leiño fíxonos pasar unha boa tarde de maxia e libros na biblioteca de Xermade. Os asistentes desfrutaron e participaron en cada un dos seus trucos de maxia con ilusión e moita atención. Faloulles do “Principiño”, do “Viaxe ó centro da terra” e doutros moitos libros de calidade e que merece a pena que os rapaces lean. Leonor e Cristina ían enlazando detalles destes e doutros contos, cos seus marabillosos trucos de maxia.


Séguenos