Palabras confeitadas de Sherezade Bardají en Chantada
O venres 9 de xuño a Sala infantil da biblioteca de Chantada encheuse cos máis pequenos, que gozaron dunha actividade chea de sons, sensacións e historias que lles iba narrando Sherezade.


O venres 9 de xuño a Sala infantil da biblioteca de Chantada encheuse cos máis pequenos, que gozaron dunha actividade chea de sons, sensacións e historias que lles iba narrando Sherezade.




Xulio Carballo Dopico presentou a súa proposta : LER A NOSA BD! : Unha viaxe polas obras e autores da Banda Deseñada Galega. Foi na biblioteca de Sober o mércores 7 de xuño ás 19:00.
O público estaba formado polos integrantes do noso club de lectura, “Pintor de Castinande”, que asistiu moi interesado as explicacións que Xulio nos deu, facendo un percorrido histórico polo cómic galego. Apoiado por imaxes, e coa súa boa disertación, as persoas asistentes quedaron moi satisfeitas deste encontro. Nel aprendemos moitas cousas dos nosos ilustradores, grandes debuxantes recoñecidos a nivel nacional e tamén internacional.


O día 8 de xuño contamos coa presenza do Mago Paco que coa súa maxia encheu a biblioteca de Coiro.
Pudemos desfrutar de trucos de maxia e contos cos que o Mago Paco arrincou risas e a participación dun
animado público asistente.
Foi un serán máxico de xuño entre libros e trucos.


O mércores 7 de Xuño Luís Vallecillo visitounos co seu espectáculo Cantamos un conto?. Cancións pegadizas e con moito ritmo que engaiolaron ó público dende o primeiro momento. Xan sen medo, Os tres porquiños ou A galiña azul foron algúns dos temas interpretados. Nenos e maiores pasamos un rato moi divertido entre contos e música.
ESPECTÁCULO CHEO DE SENSACIÓNS,SON ,PALABRAS E MÁXIA.
OS NENOS DESCUBRIRON E OS PAIS DISFRUTARON .FOI FENOMENAL.



Crearte presentou na Axencia de Lectura Municipal da Lama un obradoiro para fomentar a lectura e estimular a creatividade nos máis pequenos. Un achegamento ao mundo da pintura e ciencia de Leonardo da Vinci, experiencia que os participantes non van esquecer.
http://concellodalama.weebly.com/

CreaAPPcontos presentou o seu obradoiro Apps e Tablets na Axencia de Lectura Municipal de A Lama. A actividade permitiu aos participantes adentrarse no mundo das novas tecnoloxías mediante a elaboración dun audiconto personalizado.
http://concellodalama.weebly.com/

O pasado día 2 de xuño estivo na nosa bilblioteca Sole Felloza narrando varios dos seus contos. Encantounos!
Este sábado pasado o día 3 de Xuño, rematamos as actividades para bebés da Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga de A Coruña, coa visita de Raquel Queizás e os seus contos.
Os contos foron sinxelos, doces e tenros para nenos tan pequenos, e acompañados tamén de boa dosis de humor o que fixo que tan ben o pasaran as familias que compartiron connosco esta tarde.
Moitas grazas a todos os que participastes nos nosos Bebencontros e na festa final. A algúns agardámosvos o próximo ano.
Ata sempre e feliz verán.


Séguenos