Actuación de Pablo Díaz no Día das Letras Galegas 2017.
Pablo Díaz fixo as delicias dos máis pequenos no Día das Letras Galegas 2017. Tarde de música e contos nun día tan especial para Galicia.

Cantacontos para bebés con Pablo Díaz en Porto do Son
Pablo Díaz fixo as delicias dos máis pequenos no Día das Letras Galegas 2017. Tarde de música e contos nun día tan especial para Galicia.

Cantacontos para bebés con Pablo Díaz en Porto do Son

Soledad contou dunha maneira moi sinxela pero con gran sentimento os contos máis coñecidos de Casares, como a historia de Ana, a nena que máis felicidade esparexía pola súa aldea, pero un día a súa familia decide emigrar para buscar un futuro mellor, entón Carlos queda pensativo, non pode permitir q Ana perda a súa lingua e as aventuras da xente da aldea. Idea un plan en que vaille escribir tódolos feitos tan peculiares que pasan nese lugar: como o día que apareceu unha galiña azul que dicía kokorÓ, e as autoridades querían facerlle dano; ou o día que o peixe do estanque morreu por ser solidario cun paxariño; ou cando Leoncio creou a bomba da felicidade…

En plena semana das Letras Galegas, os nenos e nenas do Vicedo puideron disfrutar dunha sesión de contos infantís a cargo de Pavís Pavós esta tarde na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo contos de medo, de animais, historias de sempre que atraparon a atencións dos máis pequenos. Aquí podedes ver unha pequena mostra fotográfica desta actividade
O martes, 16 de maio, a Editorial OQO realizou o seu obradoiro “Coas mans na masa”.
A partir da lectura do conto “Maruxa“, @s nen@s pasárono estupendamente facendo os personaxes con masa de pan. Os cativos amasaron, moldearon e pintaron a Maruxa e a Pepiño. O resultado foi unha explosión de imaxinación e cores.
Actividade moi recomendable.

Co gallo da celebración do día das Letras Galegas 2.017, a Biblioteca Municipal do Concello de Lourenzá , Juana Ibarbourou , rendiu unha homenaxe a Carlos Casares, cun espectáculo dirixido ao público infantil titulado ” Carlos Casares, con maxia e música ” que fixo as delicias dos asistentes.

Onte luns, tivemos na biblioteca de Monterroso historias de contos e de maxia a cargo de Leo, pasamos unha tarde estupenda.

O sábado 13 de maio, ás 20:00 horas desenvolveuse o concerto acústico e recital poético de Ela e Dylan. Roger de Flor e Maquinarias Teatro puxeron en marcha “As flores solitarias”, un espectáculo poético, estético e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas ao galego. O fío temático da peza é a muller nas letras e na música de Bob Dylan.
O venres 12 de maio, ás 18:00 horas, a compañía Babaluva Teatro usou as ferramentas da narración oral tradicional para dar a coñecer personaxes e historias de Carlos Casares, coa obra “Babacontos con Carlos Casares”, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, a inventiva e a creación espontánea.
O 15 de maio Sole Felloza, veunos a contar por medio de pequenas historias a vida e obra de Carlos Casares que durante este semana lle estamos rendindo homenaxe na biblioteca. Un espectáculo dinámico, divertido e que fixo pasar un rato estupendo a todos os asistentes.



Séguenos