Gran xogo sobre As Letras Galegas
O pasado venres realizamos na biblioteca de Bertamiráns “O gran xogo sobre as Letras Galegas” con Eduvía.
Foi unha actividade onde os nenos participaron moi activamente e gozaron cos xogos propostos, que consistían en que cada grupo tiña que ir pasando distintas probas e gañando “minipuntos”.
Resultou moi ben aínda que nos houbera gustado que profundizaran un pouco mais no tema das Letras Galegas










O pasado día 08-05-2017 o mago Martín Camiña realizou na BPM de Irixoa a actuación “As maxias máis máxicas de tódalas maxías. A Maxia de Carlos Casares. A través da maxia achegoulles aos participantes a vida e obra de Carlos Casares. Desde o Vento ferido ata O sol do verán, pasando por As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, viron unha trama tecida na arte do encantamento das palabras de Carlos Casares.








Séguenos