Os nenos/as, da man de Irene e dos voluntarios de Solidaridade Internacional de Galicia, achegáronse a cultura doutros países africanos como Senegal ou á maneira na que viven os refuxiados Saharauís en Alxeria, pobos con costumes, falas, paisaxes e vidas completamente distintas ás nosas.





Nas Bibliotecas Municipais de Cambre continuamos co ABRILUSTRADO. Hoxe, 20 de abril, sumerxémonos no mundo do manga co gran especialista na materia, David Prieto (GcChi).
Comeza dándonos unha visión xeral deste tipo de publicacións no pais de orixe: Xapón. Móstranos publicacións xaponesas e comenta as características máis salientables, ata pormenorizar en todo o seu proceso.
A través de diferentes vídeos nos que aparecen os distintos estudios de traballo dos “mangacas”, pódese apreciar o traballo de creación desde o inicio ata o resultado final, pasando polo coloreado e tramado de cada páxina.
Nalgún vídeo podemos apreciar todo o proceso de utilización das tramas, para o que se require moito virtuosismo.
Móstranos tamén in situ os diferentes tipos de plumas, lápis e rotuladores que se utilizan en cada parte do proceso gráfico, así como traballos da súa autoría.
Corrobóranos que os creadores de manga realizan un traballo moi tradicional, moi manual e sen procesos dixitais.
A actividade foi moi ben valorada polos participantes.
Este xoves, dia 20, na Biblioteca de Celanova tivemos a visita de Fátima Fernández. Os rapaces, e non tan rapaces, disfrutaron con esta sesión de “Contos revoltos”. As historias e as cancións vanse alternando para descubrir que cando un se divirte, o tempo pasa voando.




Introdúcenos no cómic dende a propia terminoloxía “banda deseñada” e de como se denomina nas distintas linguas.
Dende os seu principios vai adentrándose na súa propia linguaxe: Os silencios, as viñetas e os seus diferentes tipso, os globos ou bocadillos, o delta, os cartucos, as liñas cinéticas, o raccord. Todo apoiado nun power point e con exemplos na pizarra.
Fálanos dos planos e fai especial referencia á creación dos personaxes.
Neste punto Xosé Tomás realiza un exercicio práctico no que a mocidade terá que ir situando nun folio divido en dúas partes, dous rostros, un masculino e outro feminino, coas súas características que vai lendo de viva voz, e onde os rapaces e rapazas teñen que ir debuxando á vez os seus rasgos definitorios. Unha práctica divertida e moi pedagóxica.
Ao longo de todo o obradoiro fai suscitar interés polos fondos que hai na biblioteca e que vai mostrando.
Actividade desenvolvida o mércores 19 de abril. Moi ben valorada polos asistentes, estudiantes de 3º de ESO.
A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.

Onte seguimos de celebración no mes do libro. Contamos con Juan Juste e o seu novo espectáculo coas aventuras de Katerina e Ivan, a través das distintas técnicas en papel.
Nenos e maiores disfrutamos das historias do Kamishibai, da técnica de pergamiño ilustrado (emaki), do teátro de sombras e de incríbles historias da man de Juan Juste, que sempre consigue sorprendernos. Unha delicia e sensación a tope para os sentidos !!!


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


O mércores,19 de abril, Minia Rego Sanz visitou a biblioteca municipal de Monforte de Lemos para contarlle contos aos nenos e facer que coa súa imaxinación ilustraran as historias que eles inventaron.
Foi unha tarde moi fecunda xa que disfrutaron moito coas historias que lles contou Minia.Proba delo é que estiveron máis de hora e media debuxando e inventando historias.




Marina, a serea da Illa de Sálvora contounos cómo era a súa vida a través dunha historia chea de sorpresas e intrigas das xentes do mar, na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada da Barrela.
O 18 de abril, Fuco, o rato de biblioteca de Trinke Trinke e os seus amigos “os ratiños da caixa” animaron os nen@s de Vimianzo nunha sesión moi divertida.



Séguenos