A Biblio de Mugardos comeza o curso con moita maxia
O sábado 24 de setembro perdémonos con Chrystyan Magic na senda da serpe alada, pequenos e maiores abraiáronse e riron participando da súa maxia.

O sábado 24 de setembro perdémonos con Chrystyan Magic na senda da serpe alada, pequenos e maiores abraiáronse e riron participando da súa maxia.


Cabaret Infantil Prodixio regalounos unha selección de contos nada casual (“Rosa Caramelo”, “O hipopótamo” ou “Unha pantasma con asma”.. ) que, agás da súa gran calidade narrativa, abordan de xeito maxistral para os máis cativos cuestións tan importantes como a igualdade, a liberdade ou a amizade poñendo énfase na superación social dos estereotipos, das discriminacións, pero tamén dos nosos medos e das noas soidades. Gran ambiente familiar e ánimo moi participativo do noso público
“Contos do mundo” a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
As nenas e nenos, da man de Irene achéngase a cultura doutros países diferentes ao noso. Irene axuda aos nosos nenos e nenas a erradicar os prexuízos culturais e sociais.
Máis información no blog da sala infantil-xuvenil: BLOGGIT
Contada dramatizada de contos breves nos que a rapazada tivo a oportunidade de participar activamente representando as escenas que se ían narrando. A través deles fomos espantando ou afrontando diferentes medos (á soidade, ao noso propio nome,…) e por se aínda nos quedaba algún puidemos escribilos nun papeliño para que Vicky o levara ben lonxe.
Foi unha actividade moi interesante e a selección dos contos e a maneira de narralos e representalos moi axeitada, captando a atención da rapazada dende o primeiro momento.

Con Anxo Moure e a súa titiricleta asistimos a unha actividade divertida e moi interesante na que a través dos seus títeres os nenos e as nenas reflexionaron sobre o respecto ao medio ambiente e a paz. Construiu unha sesión de contacontos na que o público participou de cheo no seu densenrolo de maneira moi dinámica e participativa.

O xoves 22 de setembro Paco, o divermago, visitou a biblioteca de Monforte de Lemos. Compartiu unha hora de ledicia con máis de cincoenta nenos e maiores. Os pequenos foron os magos dos libros por unha tarde e quedaron moi felices de participar nos trucos e trasnadas do mago. Nenos que se convertiron en músicos, galiñas, pavos, pintores… e todo o que a súa imaxinación é capaz de crear. Para rematar o mago compartiu con eles o tesouro dun pirata que non debeu ser moi malo ya que lles deixou algo moi doce.
Esperamos que volva pola biblioteca pois lles deixou un bo sabor de boca.



Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro… Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?

O mércores, 21 de setembro, a Biblioteca de Santa Cruz de Oleiros encheuse de maxia, de diversión e de boas lecturas.

Xogos e Maxia na Bilioteca Rosalía De Castro De Santa Cruz
O Mago Paco conseguiu que o público asistente se mostrase entusiasmado e participativo en todo momento, conseguindo crear momentos de sorpresa durante os trucos de maxia, de auténtica diversión durante os xogos e de atención nas narracións dos contos.
O luns 19 de setembro, os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIP San Isidro e Maciñeira de Neda, degustaron os saborosos contos de marmeleiro, anís e limón de Marisa Irimia. Unha sesión moi entretida na que arredor de 70 nenos e nenas participaron activamente nos contos, interactuando en todo momento coa sempre encantadora Marisa, e rematando cos seus característicos foguetes de despedida.




Séguenos