Gran xogo sobre As Letras Galegas

Xogamos por equipos e coñecemos mais sobre a vida de Manuel María.

Xogamos por equipos e coñecemos mais sobre a vida de Manuel María.
Con esta proposta Ana Hermida fomenta unha educación en igualdade e para a igualdade, partindo do feito das diferenzas de sexos pero loitando contra os estereotipos que establecen para cada sexo distintos papeis, actitudes, comportamentos e características. Avoga pola igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades tanto para homes como para mulleres. Todo isto, a través de contos como: “A historia dos bonobos con lentes”, “Maruxa”, “Rosa Caramelo”, “Artur e Clementina” ou “Unha Feliz catástrofe”. Mediante estes contos os nenos/as ven de maneira máis clara a discriminación e os abusos, e se conciencian de loitar contra estes comportamentos deplorables.

Outro sábado, 4 de xuño, de contos na Biblioteca Municipal de Ribeira
Inacio Vilariño contando as historias do Bou Catrineta.

Un burro presumido facía que o camiño ata Ribeira fose lento, pedímoslle permiso para pasar cantando… E cantando e contando as historias da Tía Lola pasou a mañá.
Un can, un ferreiro, un pau… Pero que nos conta Inacio? Historias dun demo que foxe co noso cantar.

Grazas, Inacio! Fantoches Baj fixo que a nosa mañá de contos na Biblioteca fose marabillosa.
Neste mes de maio no que celebramos as nosas Letras Galegas, Polo Correo do Vento contounos e pintounos un conto para recordar a Manuel María, mentres todos axudábamos dende os nosos asentos.

Tamén leron algúns dos poemas de Manuel María e os rapaces e rapazas tiveron que contestar algunhas preguntas sobre o autor, o río Miño, árbores, animais, etc., de todo o que falaba o poema.

Ó conto leva tamén implícito un alegato ecolóxico que percorre a narración polo que tamén recordáronnos á terra que temos que coidar xuntos.
O titiricleteiro entrou na biblio pedaleando a súa titiricleta, acompañado do público, mentres tocaba a bocina.

Todos os nenos e nenas colaboraron con el, participando no desenvolvemento do conto, manexando os títeres, disfrazándose….

Tivemos o salón cheo.. para escoitar os contos do Titiricleteiro, contos da India, de Guatemala, de Bangladesh, na súa particular procura da paz no mundo.
Xogamos tamén á “Ximnasia da imaxinación” fomentando a lectura nesta celebración do “Día do Libro do 2016” e tamén o “Día dos libros que coidan da terra”.
Actividade con cancións, cordas, cartas, panos, papeis; da man do músico Álvaro Muras e do mago Martín Camiña coa vida de Manuel María como escenografía.

Celebrado o 29 de maio na biblioteca de Castrelo de Miño, e con actividades tamén no exterior dela aproveitando que no Parque Náutico de Galicia (onde se atopa a biblioteca), se celebrou ese día a Feira mensual de Castrelo de Miño, concurrindo unha gran cantidade de público.

Desfrutamos en Sarria “Os contos do chupete”, contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os máis pequenos e tamén maiores pasamos un gran día!


Xogamos coas letras, con rapaces de diferentes idades coñecemos idiomas e linguas de forma divertida.
O pasado venres, 3 de xuño, a Biblioteca municipal da Silva acolleu a Lilli Gruyere (Trinke Trinke) para darlle a despedida á programación de actividades de dinamización do libro e da lectura desta primavera 2016. Así de ben o pasamos!!! En setembro… regresan novas actividades as nosas bibliotecas

Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva (Cerceda)


O sábado, 4 de xullo tivemos na Biblioteca Municipal a actuación de Solidariedade Internacional de Galicia, co espectáculo “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene”.
Foi unha sesión moi didáctica sobre outors países, os seus costumes, a flora e a fauna etc…O público fixo unha valoración positiva dunha actuación na que ademais de escoitar contos puideron sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar area do deserto…


Séguenos