“O Poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María” na BPM de Viana do Bolo
Unha actividade moi divertida e educativa da que gozaron nenos e nenas, pero tamén maiores.

Unha actividade moi divertida e educativa da que gozaron nenos e nenas, pero tamén maiores.

O martes día 10 de maio pudemos contar coa visita dun personaxe especial ” O Xigante ” que fixo que os máis pequenos desfrutaran da súa historia de monequiños.
Un divertido espéctaculo cargado de valores morais que captou a atención de cativos e adultos.


Un grupo de 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos gozaron xunto as súas familias dun espectáculo sensorial, ambientado coa melodía dunha arpa.

Grandes gargalladas e sorrisos de orella a orella foi o resultado da función de teatro Gazafelhos co alumnado de educación infantil e 1º de educación primaria de Rois. E medo polo lobo… ningún!


Onte, martes 10 de maio tivemos case unha hora de contos e poesías de Manuel María como “o bigote de Mimí”, “os soños na gaiola”, cancións que nos fixeron levantarnos das cadeiras,… da man de Larraitz Urruzola co seu “Babacontos de Manuel María” durante o noso programa “Maio, mes das letras: Manuel María, Letras Galegas 2016”.

Unha vez rematada a actividade falamos coa artista.


Contos e debuxos sobre Manuel María , o poeta homenaxeado este ano polas Letras Galegas .
Unha historia que nos leva a través do curso do río Miño. Contos baseados en poemas coa natureza sempre presente e que engaiolaron a pequenos e maiores, grazas ao bó facer de Enrique Mauricio e Carlos Taboada creadores galegos, grandes coñecedores da obra do autor da Terra Chá.
Había ben de tempo que os ratos de Trinke Trinke non se achegaban a Cambados… e o pasado martes iniciaron na ALM de Castrelo un periplo de “contacontos roedores” que visitarán todas as axencias de lectura no mes das Letras Galegas.
Ratisuco Ratoncio veunos falar do seu país “Lonxedetodo”, e relatounos a súa divertida versión de Riciños de Ouro… houbo tempo tamén para que nos tocara o acordeón, para cantar, xogar con globos de cores e rir… sobre todo rir!
Ata pronto Ratisuco!

A partir de agora na Biblioteca de Sada podemos disfrutar dun diseño exclusivo de David Prieto.
Unha frase extraída da obra de Neira Vilas “Querido Tomás” vista cos ollos dun ilustrador atrevido.
Os usuarios xa teñen outra obra a la que acercarse e sacar un “selfie”.
A xente de Sada está encantada coa labor dos ilustradores que pasaron por Sada.
O persoal da biblioteca agradece a: David Pintor, Manel Cráneo, Antonio Seijas, Xosé Tomás, Geppe e David Prieto.

Rematou un moi divertido obradoiro de banda deseñada impartida por Xosé Tomás, os nenos e nenas participaron e debuxaron moito, aprenderon historia da banda deseñada, as principais características e pasaron un rato moi ameno. Ademais despois puideron levar os seus traballos para casa e compartir coas súas familias os resultados.

A biblioteca Municipal Luís Rei organizou un “maxical”, ou alomenos así o definiron Alvaro Muras e Martín Camiña… esto é un espectáculo de maxia e música que xirou en torno á figura que este ano é homenaxeada con motivo das Letras Galegas, Manuel María.
Varios coles de Cambados xuntáronse no Auditorio Municipal para, a través desta divertida sesión, coñecer dun xeito diferente a vida e obra deste autor. Mentres Álvaro facía soar co seu baixo unha melodía, en paralelo Martín manipulaba cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se xuntaban… todo cunhas notas de humor e coa participación dos pequenos espectadores.
Un espectáculo a todo ritmo que conseguiu entreter e divertir a case 500 escolares… velaí vai a proba:



Séguenos