O Luns 24 de agosto as 19.00h recibimos a visita de Raquel Queizás na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas facendo desfrutar aos asistentes que lembrarán esas lendas e historias que escoitaron arredor do mundo.

Os nenos de Cordeiro, Valga, con Minia Regos e durante catro sesións, realizaron un obradoiro onde afondaron nas súas capacidades creativas, dende diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectamos aos nenos co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas.
A actividade comenzou ca busca, na biblioteca, de libros de contos nos que basear as películas, que foron realizadas con debuxos e plastilina.
Este mes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña indagamos sobre isto co conto de Selma, de Jutta Bauer, ao que lle demos vida en stop-motion nun obradoiro de LerContaMoito grazas a Illa Bufarda e ás súas integrantes, Sabela e Adriana.
Os rapaces e rapazas que asistiron puideron crear os personaxes un a un, as súas voces, e tódolos escenarios do conto para mostrar que é a felicidade para Selma, que podedes ver na montaxe final.
E para vós, que é a felicidade?
Os nenos de Valga, da man de Xulio Varela, se internaron en Internet e a través dunhas pistas e dun mapa que Xulio lles deu conseguiron encontrar o tesouro.
Divertido xogo de pistas que promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.
A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano acolleu un taller de iniciación ao Manga este xoves 20 de Agosto ás 11:30 h. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora da Rede de Bibliotecas de Galicia, Ler conta moito. Estaba dirixida a mozos/as a partir dos 9 anos e impartiuno o estudo especializado en manga “Cerditos de Guinea”.
Traballamos nos pasos básicos e conceptos principais do manga e nas técnicas e materiais usados polos profesionais xaponeses.

O pasado 13 de agosto a Axencia de Lectura Municipal de Carnota acolleu a función “Conto Espress”, de Sarabela Teatro.
O pasado 12 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello do Riós, tivemos o pracer de coñecer a unha ratiña moi especial, Lilí Gruyère. O contacontos teatral “Aventuras na cociña” de Trinketrinke Teatro entusiasmou a todos os asistentes. Mediante cancións e contos, amosounos a importancia de comer axeitadamente e destacou o valor das persoas máis maiores.
Os nenos de Valga con Minia Regos e durante catro sesións, realizaron un obradoiro onde afondaron nas súas capacidades creativas dende diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectamos aos nenos co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas. A actividade comenzou ca busca, na biblioteca, de libros de contos nos que basear as películas, que foron realizadas con debuxos e plastilina.


Séguenos