
O sábado 17 de outubro ás 12 h. na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, Charo Pita realizou a actividade “Sobre nenas e nenos” contando diferentes contos. Resultou moi entretida, moi motivadora e participativa.
Onte Tania e Rita, de Forma Teatro, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo os seus “Bebecontos de Choupiña e Trasnón”, cargadas coa súa maleta e acompañadas da Vaca Paca e o Porquiño Celta.

Para moitos dos nenos era o seu primeiro contacontos, e pensamos que non será o último, tendo en conta o ben que o pasaron.

Onte, xoves 22 de outubro ás 18 horas, Noa achegouse á bilioteca municipal Poeta Lois Pereiro para contarlle moitas cousas de América Central a un grupo de nenos e nenas. Foi unha viaxe por países e culturas diferentes. Tamén lles falou de cooperación e axuda a persoas que o necesitan explicándolles en qué consiste a solidaridade internacional.

Hoxe os nenos de Valga tiraron de imaxinación para crear personaxes e déronlles vida coa manipulación das súas mans e dotándoos de voz. Xogaron
a contar pequenas historias inventadas por eles.

O martes 20 de outubro Chrystyan Magic trouxo a súa maxia á biblioteca de Montrove.
Ao tempo que nos contaba a historia da pequena Rosalía, que andaba á procura das cores do arco da vella, os seus trucos ían ilustrando o conto, e nenas e nenos estiveron máis que dispostos a colaborar con el e facer de “axudantes de mago”.
Foi un espectáculo cheo de música, risas e trucos de máxia, que impresionou e encantou a pequenos e maiores.

O luns 5 de outubro , arredor de setenta nenos e nenas de entre 3 e 5 anos dos CEIPS San Isidro e Maciñeira, viñeron á Biblioteca Municipal de Neda participar no cantacontos de Raquel Galavís. Foi unha actividade moi entretida e dinámica, na que todos e todas cantaron e bailaron interactuando con Raquel, coa música do guitarrista acompañando e facendo pasar un moi bo rato. 

O día 20 de Outubro desenrolouse na Biblioteca Pública Municipal o obradoiro “Os Escritores do Calendario en Comic”, impartido por ANA SANTISO. Actividade programada para a “Semana da Biblioteca”. A figura escollida pola ilustradora foi “XAIME ILLA COUTO”. A ilustradora organizou os asiententes o obradoriro- 26 alumnos do IES Cosme López- en grupos, a cada un entregoulles unha serie de fotografías, alusivas a un episodio acaecido na vida de X. Illa Couto o día 14 de abril de 1931 (proclamación da II República en Galicia), que tiñan que transformar en Comic, seguindo un guión feito pola monitora coas conversas dos distintos personaxes que interveñen no episodio, aplicando as indicacións dadas pola ilustradora o comezo do obradoiro sobre como facer un comic. Os grupos acadaron resultados diferentes, dependendo das habilidades artísticas de cada alumno. A actividade resultou moi ben.
O día 20 de outubro, tivemos a honra de presentar na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal”, o contacontos ‘Lobo bobo’ de Elefante Elegante que mistura, os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música, onde as marionetas cobran vida á medida que se narran as novas aventuras dos personaxes dos clásicos infantís. O público gozou moito co espectáculo.




Da man de Musicreques os nenos de Mugardos viviron unha emocionante tarde. A música, a historia e as personaxes tiveronos engaiolados durante toda a actuación. Unha tarde moi divertida que deixa a todos con ganas de máis.
Todo isto ocorreu o martes 20 de outubro de 2015
O día 17 de outubro os nenos e nenas de Palas de Rei viaxaron de conto en conto xunto con Catalina, e coa axuda de outras persoaxes de contos como carrapuchiña ou o lobo.


Séguenos