Neste mes de xullo (4,5,11 e 12) tivemos a sorte de poder contar coa presenza do creador audiovisual Xes Chapela na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para impartir o obradoiro “Libros. Imaxes. Curtametraxes“.
O obxectivo de este obradoiro foi proporcionar un espazo de aprendizaxe arredor da elaboración de curtametraxes e todo o traballo que conleva: elaboración do guión, reparto de personaxes e de funcións para cada un, dende os técnicos de cámara, a dirección, axudantes de son, pasando polos actores, así como a selección de atrezzo necesario.
Por outra banda aproveitamos a oportunidade de ter este obradoiro na biblioteca para crear unha curta que servira para promocionar e dar coñecer o noso club de lectura xuvenil “ElClú”.
Contamos con nove rapaces e rapazas que disfrutaron moito durante os catro días que durou o taller, nos cales descubrimos futuras promesas do cine, tanto diante como detrás da cámara. Foron catro días moi intensos que nos souberon a pouco pero que puidemos aproveitar ao máximo.
A curtametraxe elaborada neste obradoiro publicarémola no Blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais, estade atentos para non perdela!!!
O noso agradecemento a Xes Chapela e aos rapaces que participaron no obradoiro. Feliz verán para todos/as!!!
O 14 de Xullo, a Compañía Trinketrinke representou na Biblioteca Camilo Gonsar de Sarria, “NON MÁIS GUERRAS”.
A participación dos nenos nesta representación, de valores moi importantes, foi practicamente total. Os nenos coas “ratiñas” disfrutaron co conto dos elefantes (onde explicouse o racismo) e logo o tema do diálogo antes de chegar a una loita por algo, neste caso “con canicas”.
Foi moi interesante e agradable; os neos e as familias iron moi contentas.

O 11 de xullo a compañía Elefante Elegante representou en Carnota o espectáculo Lobo Bobo ante un nutrido grupo de nenas e nenos acompañados dos seus familiares.
Un lobo pacifista e vexetariano e unha malvada madrasta, que acaba convertida nun adorable porquiño, fixeron as delicias dos máis pequenos, nesta divertida e sorprendente revisión dalgúns contos clásicos ben coñecidos por todos, coma Brancaneves ou Carapuchiña vermella, da man de Gonçalo Guerreiro.

O día 11 de xullo, a través de Xanela Ocio, na nosa Axencia de Lectura tivo lugar a actividade de “Contos ao Revés”. Os máis de 60 participantes escoitaron diversos contos que fomentaban o valor da igualdade e pasaron unha xornada moi divertida.
Esta actividade desenvolveuse de maneira moi divertida, os nenos e nenas asitentes disfrutaron coa monitora que resoltou moi activa co noso grupo.
Os nenos participantes, a través da colaboración en equipo, puxeron en práctica as súas capacidades artísticas practicando con moitos dos aspectos que son necesarios traballar nunha representación teatral: elaboración dun guión, creación do escenario, traballo das personaxes e a súa interpretación. O toque final puxérono a iluminación e a banda sonora. O resultado foi un animado teatro de sombras.
O último día da actividade acudiron os familiares dos pequenos artistas a ver a representación.
A axencia de lectura de Vilariño foi a encargada de organizar o pasado venres 4 de xullo unha fermosa mañá onde o mar foi o protagonista. Así, 25 nenos e nenas puideron comprobar como é o traballo nas nosas mariscadoras e redeiras no porto de Tragove, e asistir á escolla de ameixa. Despois xa no Parque de Torrado uníronse moitas máis persoas e puidemos gozar do bo facer de A Xanela do Maxín e o seu espectáculo cheo de peixes, sereas, mariñeiros… e o constante murmurio do mar!

Na biblioteca de Vimianzo os nenos e nenas asistiron ó espectáculo “Conto contigo” con animación, máxia, animais…..Nenos e nenas participaron activamente do conto. Asistiron 40 nenos de 4 e 5 anos que foron despedidos por un rato máxico.


Séguenos