“CONTOS DE PETO”, na Biblioteca de Boqueixón
A narradora “Sole” engalionounos a todos cunha selección de contos de diferentes partes do mundo, combinando as risas cós medos e os silencios cós bailes…. moi entretido
A narradora “Sole” engalionounos a todos cunha selección de contos de diferentes partes do mundo, combinando as risas cós medos e os silencios cós bailes…. moi entretido

O pasado 4 de xullo, o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o espectáculo Contiario, unha sucesión de pequenas historias orixinais, sorprendentes e divertidas narradas con dinamismo e mestría por Pablo Sánchez, que engaiolou a pequenos e adultos dende o minuto cero.
Polo Correo do Vento chegounos o misterio do Pirata Benito Soto.



Marisa Irmia tróuxonos á biblioteca os seus contos de marmeleiro, anís e limón. Contos que se contaban noutras épocas e noutros lugares para que aprendamos algo máis do mundo.

Contos onde os nenos tamén choran e onde as nenas xa non queren ser princesas.

Se queredes ver o relativo a esto evento en Facebook, clicade aquí
Os nenos e nenas disfrutaron moito da actuación; a actividade foi moi dinámica, e non houbo tempo de aburrirse.
![DSC04553[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2014/10/DSC045531-300x225.jpg)
Os nen@s de terceiro ciclo de primaria do Concello de Touro, durante unha semana acercáronse un pouco máis a historia dos libros mediante a realización de cinco obradoiros creativos, denominados “Letras e Papeis”; dentro do Programa LER CONTA MOITO.
Disfrutaron aprendendo a elaborar papel, coñecendo as letras góticas e a súa estampación, nocións sobre encadernación….
Estas son algunhas imaxes deses momentos…..
Hoxe, día 26 de xuño, os monitores de MAUMARELA, Guillermo e Xana, explicaron como se crea un fósil aos 18 rapaces e rapazas que se apuntaron a este obradoiro tan atractivo .”A quen non lle gustan os dinosauros?” preguntaban abraiados os pícaros de entre 7 e 12 anos de idade, que, por certo, xa viñan sobradamente preparados, porque atopamos neste grupo a auténticos amantes dos dinosauros. Estes nenos, de vocación paleontólogos, pasárono en grande coa explicación da enorme dificultade de que se forme un fósil, de como se fosilizan cunchas, ósos e plantas e de como, tras millóns de anos soterrados, chegan hoxe en día ás nosas mans.
O día 20 de Xuño , para celebrar o remate do curso escolar contamos cá Asociación Musical Musicreques, que fixeron unha representación teatral con monicreques na que se mesturaba música de piano en directo. A actividade foi entretida e didáctica, gustando moito ós nenos e maiores que pasaron unha tarde agradable e divertida.
Dentro do programa Ler Conta Moito promovido pola Xunta de Galicia, o sábado 21 de xuño Bea Campos e David Fernández acompañáronnos na última sesión de Entre arrolos e contiños – Os contos do Chupete deste curso.
Foi como sempre unha fantástica mañá de animados contos e cancións que fixeron as delicias de pequenos e maiores.
Comezamos, para non perder o costume, coa canción de benvida seguido dun conto tradicional e ben coñecido por todos, o Garavanciño. Despois de seguir as súas peripecias ata acabar na barriga do boi, fomos de paseo ao Zoo, onde coñecimos a simpáticos animais como a curuxa Paca, o rato Xan, o panda Andrés… E como a cousa ía de animais, seguimos a sesión con outro clásico: os Tres porquiños. Acompañamos tamén ao pequeno Iyoqué, que a pesar de non ser alto como a súa amiga a xirafa, nin forte como o gorila, feroz como o león ou áxil como a gacela, está moi contento de ser todavía pequerrecho, pois así ten a sorte de caber no colo da súa mamá…
Para rematar, fixémolo como xa é habitual con dúas cancións populares, que nos meteron o ritmo no corpo para toda a fin de semana.
Deixámosvos o enlace ao álbum da biblioteca onde podedes ver os mellores momentos da sesión!


Séguenos