Pintamonas, elefanas e xirafas chegan a Caldas de Reis
María Lires imparteu un obradoiro de debuxo e pintura a un grupo de nenos e nenas. 
Para repetir!
María Lires imparteu un obradoiro de debuxo e pintura a un grupo de nenos e nenas. 
Para repetir!
O domingo día 13 ás 18.30 houbo un gran misterio en Cordeiro, o do pirata Benito Soto, de Polo Correo do Vento que o desentrañamos coa axuda de Enrique Mauricio que argallou unha historia de xeito oral, namentres Carlos Taboada debuxou un mural vencellado ao conto. Pasámolo moi ben debuxando ao pirata Benito.
O mércores pasado, foi tarde de ciencia na biblioteca municipal de Baiona. A través dos libros e experimentos, Nita meteunos o gusanillo da experimentación e a observación. Quedamos todos abraiados!!!

Leo consigue coa súa maxia que ata os libros boten lume.
Espectáculo moi divertido. A artista sabe como chamar a atención dos máis pequenos/as.
Os rapaces/as participan na execución dos trucos, rinse e están coma hipnotizados todo o tempo que dura a función. Múltiples referencias a lecturas.

O xoves 10 de abril Avoa Youja recreou o nacemento dunha árbore con música e imaxes creadas con xogos de luces e auga. Resultou moi axeitada para os mais cativos (de 0 a 3 anos) polo carácter visual e relaxante da actividade. Mantivo a atención -cousa tan difícil en bebés- e gustou tanto aos nenos coma os pais.
O venres 11 de abril, a asociación teatral Garabullo representou na Axencia de Lectura de Santiso a obra “Unha pinga de mel” a través da cal, coñecemos a importancia das abellas no medio ambiente.
O día 5 de abril en “Os Sábados, conto” Trinketrinke Teatro, con vestuario de ratos, fixo unha actuación moi orixinal. Elaborou receitas sinxelas para que os rapaces despois as poideran facer na casa, coa mensaxe de aprender a comer san. Conseguiron manter a atención dos nenos de principio a fin.
O venres 4 de Abril festexamos na Axencia de Lectura Municipal de Chapela o Día do Libro Infantil e Xuvenil, convidando aos máis cativos a achegarse aos contos e mais á práctica de experimentos científicos.

A contadora Nita amenizou unha tarde moi divertida e instrutiva, onde pais e nenos gozaron da maxia da ciencia.
A actividade realizámola en dous grupos:
– Un primeiro grupo, con cativos/-as de 2 a 3 anos.
– Un segundo grupo, con cativos/-as de 4 a 6 anos.
Pais e nenos saíron moi satisfeitos, as valoracións foron moi boas e todos aprendemos e gozamos coa actividade.
VER MÁIS NO BLOG DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/04/a-ciencia-divertida-de-nita-na.html
O mércores 2 de abril o grupo “Polo Correo do Vento” desenvolveu actividade “A volta ao mundo en oito máquinas” . Os rapaces quedaron encantados de participar activamente no espectáculo que conxuga música, teatro e contacontos.


Séguenos