O pasado venres, 27 de setembro, a Biblioteca municipal de Cerceda recibiu á ratonciña artista de Lonxedetodo, Lili Gruyere. O espectáculo de dinamización fixo as delicias de pequenos e maiores. 
O venres, 27 de setembro, visitounos na Biblioteca de Mera (Oleiros) o mago Carlos Coira e deixounos abraiados co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA!
As nenas e os nenos pasárono estupendamente. Gozaron da maxia das palabras dun xeito divertido, doado e moi participativo.
Gustaríame destacar que esta actividade axudounos a dar visibilidade e prestar os libros de maxia dispoñibles no fondo infantil comezando polo libro que da nome a este espectáculo. Non quedou nin un nos andeis!!!
Disfrutando con as marabillosas historias de Chus Otero e as suas adiviñas, trabalinguas e cancións.
Os máis pequenos pasaron unha boa tarde de venres na Biblioteca con Bea Campos e os seus “Contos nas orellas”.

O 10 de Maio os rapaces que viñeron a Biblioteca de Miño a participar no taller de plastilina dirixido por Mª Noel Toledo, pasaron duas horas nas que imaxinación non deixou de funcionar e crearon verdadeiras obras de arte
Na Biblioteca Pública de Pontevedra, da man de Luis Vallecillo, crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas…

O pasado xoves 26 de setembro, Yolanda Castaño estivo na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo cos seus contos en versos para nenos e nenas. En case unha hora, os 67 rapaces que asistiron, desfrutaron e participaron con ela das historias con rima. Xunto cos rapaces tamén asistiron algúns pais e nais que non quixeron perder a ocasión de desfrutar coma nenos.
Unha cuarentena de nenos, desafiando o mal tempo, asistiron a unha sesión de contacontos na biblioteca de Caldas. O encargado das risas dos asistentes foi Fran Insua que durante unha hora fixo as delicias dos pequenos e dos maiores que os acompañaban, co seu espectáculo “Contos para despistados”.
As prazas disponibles, 40, cubriéronse un día antes da actuación, demostrando unha vez máis, que os rapaces caldenses están ansiosos de oír contos.

Tódolos xoves deste mes de setembro, na BPM de Dodro, tivo lugar este obradoiro impartido por Minia Regos, no que os rapaces e rapazas pintaron decorados, modelaron figuras de plastilina para despois darlles vida…. creando asi uns divertidos curtos de animación.


Séguenos