O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O pasado 16 de maio, Bea Campos e David, de Migallas Teatro chegaron á Biblioteca Municipal do Pereiro de Aguiar de Ourense para que os bebés compartisen cos seus pais, nais e avós un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns.
Bea contounos a súa versión do conto clásico A galiña roxa acompañada da música do acordeón e a voz de David. Logo contáronnos outros contos ensinando aos cativos que todos van … ao baño a facer pís e caca (como lles gustou esta canción aos pequenos!!!!) , a ler co libro da lua, …
E remataron a sesión desa tarde coa canción de despedida de arrolos e con outro agasallo de Bea e de David… a canción de A saia de Carolina.

Para celebrar o día do Libro, 23 de abril, a biblioteca recibiu unha actividade cargada de humor, interacción e diversión, da man da compañía SEIS DEDOS e a súa actuación “VARIETES”
Os cativos que acudiron á biblioteca pasaron un rato moi divertido, vendo pasar diante deles diferentes personaxes como unha cabra que tiña medo, unha médium que quería adiviñar, un trapecista, unha cupletista …
Foi un espectáculo dirixido a cativos do que os maiores tamén desfrutaron a esgalla.

Hoxe, 14 de xuño, bebés de 0 a 3 anos gozaron dunha sesión de contacontos con personaxes moi divertidas: a rá Nano, o paxariño, o vento… Unha actividade de dinamización con música e narración oral desenvolvida por Raquel Queizás.

O pasado venres 24 de maio, alumnos do CEIP Curros Enríquez e do CPR Sagrado Corazón participaron nunha sesión de “Contos para todos”. Unha actividade de dinamización con narración oral, música e teatro a cargo de Manuel Solla Barragáns.

O día 30 de maio na Bibioteca Municipal de Vilalba ás 11.30 h. a narradora Charo Pita desenvolveu unha sesión de contos con breves historias de animais e cancións. Os elementos sonoros tiveron unha relevancia importante no desenrolo da sesión.

O remate como actividade complementaria, fixose unha exposición dos libros empregados na sesión e entregouselles aos adultos que acompañaron aos nenos unha bibliografía dos libros recomendados para os nenos de 0 a 3 anos.

O día 21 de maio con motivo da celebración das Letras Galegas, na Biblioteca Municipal de Vilalba dentro do programa “Ler Conta Moito” tivo lugar un espectáculo de máxia “GRAVIDADE CERO” a cargo de Oficios Antiguos.
Actividade dirixida principalmente para os residentes dunha “Residencia de Maiores” . Espectáculo cheo de humor, xogos e ilusións ópticas, onde o público desfrutou a gargalladas de novas sensacións e sorpresas.

Ao remate da actividade, realizouse outra complementaria na que aos asistentes fixoselles entrega dun tríptico onde se lles da a coñecer as funcións e servizos que ofrece a biblioteca, para logo realizar un xogo de búsqueda dun libro de temática elixida por eles, e ver quen o atopaba antes.

Traballando en equipo
O pasado 24 de maio a biblioteca municipal encheuse de novos artistas (e non tan novos) que dirixidos por María Nöel crearon os seus propios mundos con plastilina.
María, escritora e ilustradora, conseguiu que nenos e grandes, utilizando plastilina e todo tipo de materiais reciclables crearan a sús propia historia.
Dragóns, peixes, paisaxes fantásticos, princesas , futbolistas invadiron a nosa biblioteca….

O bosque encantado
O día 10 de maio, dentro das actividades do “Mes de Maio, Mes das Letras”, e dentro do programa Ler Conta Moito, os ponteareáns e ponteareás tiveron puideron coñecer un pouco máis a vida e obra da figura homenaxeada co Día das Letras Galegas, ano 2013.
A este acto foran convidados pola Biblioteca Pública Municipal, e polo Servizo de Normalización Lingüística, todos os asistentes á biblioteca e todas as persoas relacionadas co mundo da cultura. Consistiu este evento nunha escenificación dun dos cadros de “Saxo tenor”, de Roberto Vidal, a cargo da actriz Laura Ponte, impulsora xunto con el, da primeira compañía profesional do teatro galego, Teatro Antroido, e compañeira de viaxe no aspecto persoal e profesional.
A continuación da escenificación, Roi Vidal, fillo do homenaxeado e de Laura Ponte, achegoulle ao público asistente a figura de Vidal Bolaño dun xeito vivencial e profesional, descubrindo un traballador incansable pola cultura, pola sociedade e pola lingua.
O acto contou coa presenza de aproximadamente cen persoas, que quedaron marabillados coa representación e que se achegaron a Vidal Bolaño dun xeito moi ameno e no que houbo unha constante interrelación co público asistente, algúns deles coñecedores persoais do homenaxeado.


Séguenos