“Aitana e a avoa e outros contos violetas” na Biblioteca Pública Municipal Nicolasa Añón de Outes
O martes día 1 de outubro comezamos as actividades de contacontos con Soraya Lema coa que desfrutamos os contos “Aitana e a avoa e outros contos violetas”. Son un compendio de libros e álbums ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenos ou rompen estereotipos con princesas que soltan peidos.
Foi unha sesión moi participativa e amena.





Continuando cas actividades programadas neste outono, onte 3 de outubro, contamos ca narradora Raquel Crespo.














Séguenos