“Con ciencia de muller” na biblioteca pública Antón Zapata de Laxe.
O pasado sábado 21 de setembro pola tarde celebrouse o obradoiro “Con ciencia de muller” na nosa biblioteca. Unha monitora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras, promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. Estas presentacións intercaláronse con experimentos sorprendentes, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 


















Séguenos