15/05/2015
Na tarde do 14 de maio, Migallas Teatro representaron na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Merenda con pan de Millo”.
Se alguén pensaba que o proceso de elaboración do pan era aburrido, eles demostraron todo o contrario. Cargados con todos os aparellos necesarios, acompañados da súa guitarra e unha banda de pulgas, e vestidos para a ocasión, chegaron dispostos a compartir cos asistentes a súa historia e as súas cancións.

Migallas na Biblioteca Municipal de Lugo
“Miña avoa Manuela”, “Pan de millo” ou “Que cousa, cousiña, é?”, foron algunhas das cancións que interpretaron e coas que conseguiron que os nenos e nenas pasaran unha tarde inmellorable.

Migallas na biblioteca Municipal de Lugo
Séguenos