
Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro… Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?

Este pasado venres a Biblioteca de Chapela achegou o verán aos cativos e cativas da contorna co contacontos “Comechíns”.
Alba Bermúdez, de Triatreros, achegouse á biblioteca cunha caixa chea de contos, algúns deles moi coñecidos polo público asistente, cos que animou aos cativos participantes a ser os mellores comedores, e a procurar receitas sás e equilibradas, nas que comer “de todas as cores”.

Comechíns, lecturas recomendadas pola biblioteca
Na biblioteca aproveitamos para recomendarlles os asistentes moitas lecturas e contos “gorentosos” que non se debían perder. E case todos marcharon para as casas destas familias participantes nos contacontos, para encherlles de novo os ouvidos de historias e diversión.
VER MÁIS no BLOG das BIBLIOTECAS DE REDONDELA: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/06/os-comechins-aprenden-comer-co-contos.html

Os contadores Polo Correo do Vento achegáronnos as aventuras da saramaganta Roi en “O poeta do Miño”, unha historia que homenaxea a Manuel María.

Nenos e adultos gozaron dunha historia na que os protagonistas percorrían o Río Miño, seguindo moitas das paisaxes contadas e poetizadas por Manuel María, e tamén coñecendo algúns dos seus poemas.
Ao rematar a historia, aprenderon con Carlos Taboada, o ilustrador, a debuxar unha caricatura do noso poeta lucense.



O grupo Pavís Pavós achegounos esta tarde na Axencia Municipal de Lectura de Chapela unha xenial xornada de contos e xogos.
Ladaíñas, cantigas, arrolos e moitos recursos da nosa tradición oral nunha tarde para compartir pais e nais cos seus máis pequenos.
Ver máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/04/contos-para-bebes-gozando-en-chapela.html

Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca… Centos de animais poboaron as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións. Animais, feras,bestas, bechocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, foron os protagonistas desta sesión de contos e poemas cos que conmemoramos o Día do Libro Infantil

Os libros da miña casa tolearon por completo. A cada un aconteceulle un suceso incrible e viaxan nunha maleta de acá para alá querendo contar cadaquén a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos, ¡pero… ai! Coidado e prudencia, con cautela temos que escoitar algún dos seus relatos, tamén cousas escalofriantes contan estes libros, pois de todo lles pasou.
E con todo, todiño, divertímonos unha chea na Axencia Municipal de Lectura de Chapela, conmemorando o Día da Biblioteca con Carme Domech e as historias que cada libro “persoalmente” íanos contando
moi, moi divertida, con Ana Romero “Nita”
Este xoves os rapaces e rapazas asistiron a un obradoiro na biblioteca de Chapela, onde puderon coñecer de primeira man as regras da escrita exipcia, así como moitas curiosidades das costumes e o xeito de vivir desta cultura milenaria.
Con Eugenia Muñoz os rapaces practicaron este xeito complicado de escribir, os misterios das súas regras e códigos, e gravaron os seus nomes en barro.
VER MÁIS NO NOSO BLOG.


Séguenos