As familias de Cambre coñecen os superpoderes de Lía

Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.

Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.

Charo Pita achegou un fermoso contacontos na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
“A corpo contado”, como se chama a súa proposta, percorre historias tradicionais e lendarias de diferentes tradicións.
Nelas, a través da narrativa tradicional a singularidade dos corpos e as súas habilidades especiais toman o protagonismo.

Este martes tivemos a ocasión de disfrutar da actividade que levaba por título “Estrebillos”.
María da Pontragha trouxo contos e cancións para xogar coas palabras e as emocións. Historias de pouca volta nas que xogamos co ritmo, coas palabras a través de estrebillos e contos que nos contaban as avoas.
A tarde foi moi entretida e amena, xa que os participantes, tanto cativos como maiores, xogaron e cantaron, con moitas risas e aplausos.

Moitas grazas María por unha sesión tan divertida.
Este xoves, 12 de xuño, tivemos o pracer de recibir na Biblioteca Municipal Isidro Novo a Atenea García, de Xarope Tulú, co seu espectáculo “Bichocas”, unha selección de contos destinada aos nenos e nenas máis pequenos no que a narración se acompaña de monicreques, cancións e moitas risas!


Nuno e Nona, dúas ras que acompañan a Raquel Queizás nas súas actuacións, estiveron en Carral estimulando aos bebés que se achegaron á Biblioteca.
Foi unha sesión con algún conto clásico, con música, con movemento e tamén con diversión.

Recibimos a Ana Meilán, autora de moitos contos que temos na biblioteca, que veu contar aos nenos e nenas a historia de Simón, un neno con fama de chorón que decide gardar as súas bágoas debaixo da cama.


O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.



Na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar unha sesión contacontos que combinou narración oral e música. Dous artistas deron vida a tres historias —A Xacia Luviñas, O rei avarento de Vicente Risco e A pantasma da illa de Cortegada— nun formato no que, mentras un deles lía e dramatizaba os contos, o outro acompañaba cunha banda sonora en directo, empregando instrumentos como a guitarra ou o pau de chuvia para recrear sons do bosque, da auga ou da emoción das escenas.
Para finalizar, crearon xunto co público unha canción aludindo á imaxinación dos nenos e nenas, dando lugar a momentos cómicos e deixando un final cargado de bo humor.

O pasado Xoves 26 de setembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén tivemos o contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquia que nos trouxo o artista FRAN CAMPOS “BANDULLO AZUL“ titulado “FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS” baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcele publicado pola Editorial Galaxia.
Vivimos en directo a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscou entre as árbores, as nubes… precisou da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos os presentes na sala.
Ao final os asistentes descubriron que fai o vento cos paraugas, e lle fixeron unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín chamado Fazulas.
Asistiron a este evento o alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación Aspavi xunto cos seu profesorado e monitores.
Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidade lingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.
Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.
O pasado Venres 13 de Setembro ás 13:00 horas tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén unha nova actividade do programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos e do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO.
Ese día estivo con nós LEO LEIÑO co seu espectáculo “HABELAS HAINAS” co que fixemos unha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas mediante a narración oral, a animación e a maxia.
Asistiu a este evento ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, que o pasaron moi, pero que moi ben.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA


Séguenos