Álex quere ser coma papá…na BPM do Saviñao
Día 8 de outubro de 2021 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Álex quere ser coma papá
da man de Dani e Iria
o 8 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á historia de Álex con Dani e Iria, ós que xa coñecemos doutras visitas.
Desta vez, cóntannos a historia de Álex, e levamos unha enorme sorpresa ó final da historia porque descubrimos un erro no que caemos sen darnos conta: Álex NON é un neno como pensabamos!
Acabamos facendo un debuxo no que reflexionamos sobre o que pensamos ó longo do conto.
Séguenos