“Cantareiras” na Biblioteca de Portonovo
O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.


O mércores pasado tivemos a Polo Correo do Vento coa súa proposta para as Letras Galegas.


O pasado xoves 8 de maio tivemos a ocasión de divertirnos xunto a 2 Mind Combined. Estes espectáculos mesturan dúas cousas que nos encantan, a maxia e os globos.
Os nenos e nenas que viñeron ao espectáculo marcharon para casa contentísimos e coas figuras máis dispares feitas con globos.


O pasado xoves 26 de decembro, a Biblioteca Municipal Segundo Gil Dávila acolleu un fermoso espectáculo de artes escénicas titulado Lúa quere viaxar… a Marte dentro do programa de +Escénicas
A Xanela do Maxín foi a compañía encargada de estimular ao público que asistiu a esta actividade cun esplendido espectáculo no que a protagonista, a pesar dos atrancos, non renuncia o seu soño de ser astronauta, nunha actividade destinada a fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Aida Cobas
visitounos coa súa “Boneca de trapo” para contarnos as historias de Mara e a súa avoa Lola, descubrindonos a vida doutras mulleres que cambiaron a historia.
Pasamos un rato ben entretido e quedamos todos con ganas de máis.De seguro nos volvemos a ver.
Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.



O venres 11 tivemos unha tarde máxica co mago Javier Muro, quen nos trouxo as súas LETRAS MÁXICAS , un espectáculo de maxia moi divertido.
Unha tarde chea de risas na que nenos e nenas estiveron máis que dispostos e encantados de axudar no desenvolvemento dos trucos.

Nano visitou os pequenos da gardería de Val do Dubra, donde pasamos un anaco moi divertido, xa que Nano celebraba o seu aniversario, tiña candeas, globos, torta…. so faltaban os amigos.
Foi moi ameno e entretido, os cativos pasárono xenial.

O vernes 11 de outubro disfrutamos das aventuras da Loba Antea na biblioteca, percorrendo o Camiño de Santiago aprendendo a coidar os nosos montes dunha maneira lúdica e sostible.
A nosa amiga a Loba Antea ademáis tamén é unha artista e equilibrista e xunto coa a súa amiga Sabela aprenderá a reutiliza-lo lixo para montar un circo!!
¡Qué ben o pasamos!

O MARTES 1 de outubro, Mª ELENA G. ARCAS fixo un marabilloso taller experimental na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal” – ARTEIXO.
Os debuxos de Castelao cóntannos: “Cousas de Nenos”. Descubrimos a partír da súa arte a nosa historia.


Unha actividade que celebra os procesos migratorios que caracterizan a Galicia de onte e hoxe, a riqueza, a diversidade, o econtro.
Foi todo un éxito de participación.
O MARTES 8 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel “Fco.A.Vidal”- ARTEIXO – PACO NOGUEIRAS-, cunha actividade desenvolvida a través da música, contando con cancións moitas das seccións do xornal !EXTRA!! . Gran participación da rapazada bailando e facendo coros.




Séguenos