“Contos e melodías da Galicia Máxica” na Biblioteca José Saramago de Vite

Na Biblioteca José Saramago de Vite tivo lugar unha sesión contacontos que combinou narración oral e música. Dous artistas deron vida a tres historias —A Xacia Luviñas, O rei avarento de Vicente Risco e A pantasma da illa de Cortegada— nun formato no que, mentras un deles lía e dramatizaba os contos, o outro acompañaba cunha banda sonora en directo, empregando instrumentos como a guitarra ou o pau de chuvia para recrear sons do bosque, da auga ou da emoción das escenas.
Para finalizar, crearon xunto co público unha canción aludindo á imaxinación dos nenos e nenas, dando lugar a momentos cómicos e deixando un final cargado de bo humor.




























Séguenos