Obradoiro de minicontos na Biblioteca Municipal de Lugo
O Faiado de Nin trouxo á biblioteca todo o necesario para facer un pequeno libro: as ideas para crear unha boa historia, cómo levala ao papel e cómo encadernarlo!


O Faiado de Nin trouxo á biblioteca todo o necesario para facer un pequeno libro: as ideas para crear unha boa historia, cómo levala ao papel e cómo encadernarlo!


Este luns 22, para festexar que esta semana celebrábamos o Día da Biblioteca, tivemos un taller que levou a cabo O Faiado de Nin.
Os participantes elaboraron a decoración para as súas mochilas que lles van permitir sacar en préstamo o material da biblioteca e transportalo sen nengún problema e con unha bolsa feita por eles. Foron moi diversas as ideas e a posta en práctica foi moi divertida.

E por suposto a satisfacción dos nenos e nenas foi moi grande, estaban todos moi orgullosos das súas bolsas, como podedes ver nas fotos.

Moitas grazas ó Faiado de Nin pola proposta.
En outubro tampouco faltou a sesión de contacontos do venres 5 de outubro ás 5 da tarde.
¿Algúen estivo algunha vez nun restaurante?
De ser así, desta vez será diferente.
Os nenos/as que asistan ao obradoiro,
terán a oportunidade de adentrarse
nun restaurante moi especial,
no que a imaxinación e os libros
serán os ingredientes principais
dos pratos a degustar.
Esta actividade, recomedada de 5 a 8 anos e público familiar e acompañante.
Estamos preparándonos para o Día das Bibliotecas coa sesión de Ler conta moito:
da man de Andamiaxe
Chegamos á Biblio-Restaurante e atopamos xa a mesa posta.
Posto o mantel, e sentados á mesa, tocou decoralo ó gusto porque estaba un pouco “soso”. De primeiro prato, tivemos un conto delicioso cada participante.
Gustounos moito lelo e escoller a nosa personaxe favorita.
De segundo, decoramos o noso pano coa nosa personaxe favorita. Logo dobramos o pano, e seguindo as indicacións, numeramos cada esquina. 
Baixo cada unha delas tocou ir: pegando 2 palabras/frases escollidas ó chou, escribir un nome para a nosa personaxe (non a do conto, senon a que debuxamos), poñer o que facía e finalmente o que lle pasaba.
Saíunos un conto fantástico! Cada un, orixinal e diferente.
Para rematar, a nosa “camareira” contounos o que se lle ocorrera a ela:
Os animais da selva queren abrir unha escola e escollen o que hai que aprender nela. Finalmente deciden que non foi boa idea obrigar a todos a aprender todo porque todos somos diferentes e temos diferentes habilidades.

Finalmente, como viñemos sen carteira para pagar a consumición, tivemos que pagar con tarxeta indicando cal era o noso libro favorito…
Pasámolo lambonamente ben!
Día 3 de agosto de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Chegou agosto e chegaron as festas. E na biblioteca quixemos deixar pegada! Fixémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos que despertou a nosa creatividade con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Anxo, de Menos dá unha pedra
o 3 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Costou un pouco facer caso das instruccións, pero finalmente conseguimos obter un resultado digno de enmarcar e colgar na parede.
Os pasos básicos eran: cada dedo cunha cor, mollar un pouco a punta do dedo, secar na esponxa o exceso de pintura, e deixar a nosa pegada no papel,…

Despois de que secara, o que fixemos foi practicar a crear personaxes (gatos, ratos, elefantes, monstros,…); usando un rotulador engadimos detalles coma ollos, orellas, patas,…

Cando practicamos varias veces, pasamos ó tema serio: crear unha escea! Para ela usamos un folio de cores e deixamos voar a imaxinación e valémonos das suxestións: unha piña, un dente de león, unha paisaxe,… E saíron cousas preciosas




Como non seguimos ben as instruccións, e quedaron moi cargados de pintura, os debuxos tivemos que poñelos a secar nunha mesa para podelos levar para a casa.
Pero o máis importante é que descubrimos o valor da nosa pegada e aprendemos a usar os nosos dedos para crear arte.
Día 6 de xullo de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para unha actividade para despertar a nosa creatividade para as vacacións con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Patricia de O faiado de Nin
o 6 de xullo, ás 12:00 na sala infantil
Mentres faciamos tempo para a hora, estivemos vendo algúns libros que teñen o mesmo formato que o que iamos crear no obradoiro, como ¡¡¡Socorro!!!, A neve, ou O parque de atraccións, entre outros.
Chegada a hora, comezamos pensando uns personaxes, e o que lles ía acontecer ó longo da nosa historia. Para iso contamos coa guía que nos deu Patricia para decidir o título do noso conto, as esceas que ía ter,… ![]()
Pouco a pouco foron nacendo as nosas historias:
![]()
Tivemos títulos tan variados como orixinais: Unha vaca na nevera, O cabalo malo, Lucía é especial, O can do nariz vermello, O dragón de lume, O touro tolo,…
![]()
Para rematar, fixemos unha foto conxunta cos traballos feitos.
![]()
Para seguir traballando na casa aínda nos quedaba a parte de atrás do noso miniconto. Pero o máis importante é que aprendemos a crear os nosos propios minicontos, e poderemos facer cantos nos apeteza aproveitando as vacacións!
Celebramos un obradoiro de creatividade con Olga Abad, no que ademáis a narración oral estivo moi presente.

Pais e nais, xunto con Olga e todos colaborando para dar a coñecer ás novas xeracións a máis antiga narración oral galega.

Para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Con iste obradoiro rematamos as nosas actividades do programa Ler Conta Moito

Para máis información sobre este evento, clicar aquí.


Séguenos