Pensamento baseado en deseño en educación

09. Marzo 2020
Durante o primeiro trimestre deste ano, a Aula Nova acolleu catro sesións do curso S1900162 Pensamento baseado en deseño (Design Thinking) en educación, a cargo de seis relatores pertencentes á empresa galega DesignThinking.gal adicada a desenvolver proxectos de innovación educativa, social e empresarial, como o VermisLAB, a primeira Maker Faire de Galicia ou o Roteiro 

E-téxtiles

02. Marzo 2020
Durante os meses de febreiro e marzo estase a desenvolver na Aula Nova do CAFI o curso S1902007 Fedellando polo espazo maker. A primeira sesión foi conducida por Paola Guimeráns, Doutora pola Universidade Complutense cunha tese sobre “E-téxtiles e Educación”. Paola Guimeráns é especialista en educación maker e experta en deseño de interacción e tecnoloxía 

Visita do alumnado da Facultade de Ciencias da Educación USC

26. Novembro 2019
Hoxe recibimos a visita do alumnado de cuarto curso da facultade de Ciencias da Educación do grao de Pedagoxía ao CAFI. Nas fotos podedes ver o momento en que visitaron a Aula Nova.   Mentres o director do CAFI, Ángel Ródriguez Sánchez, ía mostrándolles diversas ferramentas que posibilitan, xa hoxe en día, outras formas de 

Equipo portátil de radio

26. Novembro 2019
Temos xa, na Aula Nova do CAFI, un equipo portátil de radio para crear os vosos podcast. Está dispoñible para o empréstito dos centros do ámbito CAFI que así o soliciten. O equipo está composto por  cinco micros Shure, cinco auriculares AKG e unha mesa de mesturas para conectar a calquera dispositivo que queirades empregar, 

Aquelando volve a Aula Nova

23. Outubro 2019
O equipo de rodaxe de Aquelando volverá ao CAFI para gravar novos capítulos deste programa divulgativo científico que emite a RTVG. Nesta ligazón podedes ver un dos capítulos que se gravou parcialmente no CAFI e que se emitiu o 20 de xullo de 2019. Fluídos non newtonianos, o Oobleck. Neste capítulo Patricia Barciela guíanos polo 

A impresión 3D como ferramenta educativa

22. Outubro 2019
O 17 de outubro comezou o curso S1901041 Deseño de produtos baseados na impresión 3D na Aula Nova. Os relatores responsables de achegarvos ao interesante mundo da impresión 3D no ámbito educativo son Raquel Gey Piñeiro e Esther Padín Vidal docentes de música e matemáticas no IES A Xunqueira 2 e Jose Antonio Pose Rodríguez 

Formación 1º trimestre 2019/2020

30. Setembro 2019
Desde a Aula Nova do CAFI comezamos un novo curso cheo de actividades onde desenvolver as vosas competencias profesionais docentes. Nelas poderedes traballar en proxectos relacionados coa robótica, deseño e impresión 3D, linguaxes de programación, cortadora láser, etc. As actividades ofertadas para este primeiro trimestre son:

Visita e planifica o teu proxecto na Aula Nova

21. Xaneiro 2019
A Aula nova está pensada para todo o profesorado que queira experimentar con linguaxes de programación (Arduino, Scratch…), robótica, impresión 3D, electrónica básica, kits de mecanismos e montaxes, simuladores de procesos, cortadora láser, máquina de control numérico (cnc), edición fotográfica, de son e de vídeo, animación, traballo con dispositivos móbiles, aplicacións educativas, drons, realidade virtual,