Transformación de espazos formativos

27. Xullo 2021
Transformación de espazos formativos
Os espazos educativos están a sufrir unha gran transformación para adaptarse ás novas modalidades de aprendizaxe. As aulas, os corredores,  as entradas, os patios, etc. todos son espazos aproveitables para configurar un recuncho de traballo agradable, vérsatil e creativo. Os espazos formativos non son alleos a estes novos cambios, precisan tamén dunha actualización. No  CAFI 

Experimentamos cos Levitadores ultrasónicos e os Hologramas DYI

19. Febreiro 2021
Experimentamos cos Levitadores ultrasónicos e os Hologramas DYI
A levitación  ultrasónica é un fenómeno físico non lineal relacionado coas ondas acústicas. Trátase dun método para suspender materia no aire contra a gravidade utilizando presión de radiación acústica de ondas de son de alta intensidade. Son esas ondas acústicas as que logran manter ao obxecto suspendido (pequenas partículas,  gotículas..) no aire sen necesidade de 

Aquelando volve a Aula Nova

23. Outubro 2019
O equipo de rodaxe de Aquelando volverá ao CAFI para gravar novos capítulos deste programa divulgativo científico que emite a RTVG. Nesta ligazón podedes ver un dos capítulos que se gravou parcialmente no CAFI e que se emitiu o 20 de xullo de 2019. Fluídos non newtonianos, o Oobleck. Neste capítulo Patricia Barciela guíanos polo 

A impresión 3D como ferramenta educativa

22. Outubro 2019
O 17 de outubro comezou o curso S1901041 Deseño de produtos baseados na impresión 3D na Aula Nova. Os relatores responsables de achegarvos ao interesante mundo da impresión 3D no ámbito educativo son Raquel Gey Piñeiro e Esther Padín Vidal docentes de música e matemáticas no IES A Xunqueira 2 e Jose Antonio Pose Rodríguez 

Formación 1º trimestre 2019/2020

30. Setembro 2019
Desde a Aula Nova do CAFI comezamos un novo curso cheo de actividades onde desenvolver as vosas competencias profesionais docentes. Nelas poderedes traballar en proxectos relacionados coa robótica, deseño e impresión 3D, linguaxes de programación, cortadora láser, etc. As actividades ofertadas para este primeiro trimestre son:

Visita e planifica o teu proxecto na Aula Nova

21. Xaneiro 2019
A Aula nova está pensada para todo o profesorado que queira experimentar con linguaxes de programación (Arduino, Scratch…), robótica, impresión 3D, electrónica básica, kits de mecanismos e montaxes, simuladores de procesos, cortadora láser, máquina de control numérico (cnc), edición fotográfica, de son e de vídeo, animación, traballo con dispositivos móbiles, aplicacións educativas, drons, realidade virtual, 

Aula Nova: espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación.

19. Outubro 2018
Aula Nova: espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación.
Sóanche as palabras “fab lab”, “espazo maker” ou “aula do futuro”? Ao igual que eses espazos, a Aula nova concíbese como un lugar de traballo comunitario, flexible e agradable onde a metodoloxía está orientada á amplificación da aprendizaxe, ao desenvolvemento da creatividade, á innovación e á autonomía do alumnado.